ABAU

A exención da ABAU para os alumnos de Bacharelato da antiga LOE manterase tras a mediación da Valedora

A queixa de oficio aberta pola institución do Valedor do Pobo o 24 de maio levou á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e á Comisión Interuniversitaria de Galicia a reconsiderar a instrución que obrigaba a estes alumnos a pasar as probas para acceder á universidade