ameixenda

Apróbase o expediente de licitación de tres obras que se executarán nas parroquias de Biduído e A Ameixenda

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación de tres proxecto, por valor de 281.518,59 euros, que se sufragarán con cargo ao POS+ adicional de 2019. Estas obras executaranse en diferentes lugares das parroquias de Biduído e A Ameixenda. Estes proxectos licítanse por lotes, para non facelo de xeito individualizado. Así, gáñase tempo no proceso administrativo co obxectivo que se os proxectos se adxudiquen e executen o antes posible. Os proxectos que se van a licitar atinxen á pavimentación co camiño que vai de Tarrío a Raíces; a pavimentación do acceso a Sura; e maila pavimentación dos viarios do núcleo de Raíces.

Lo más