Banda Municipal

A Banda Municipal sube este domingo ás redes sociais a peza "Compostela", dedicada á cidadanía de Santiago

O pasodoble "Compostela" e o bolero "Mira que eres linda" son as dúas pezas que a Banda Municipal de Música de Santiago programou para este domingo ao mediodía a través das redes sociais da formación e do Concello de Santiago. Ao non poder continuar cos seus habituais concertos do domingo a causa do estado de alarma decretado pola pandemia da COVID-19, a Banda está a subir ás redes sociais vídeos das súas audicións musicais. O obxectivo é que a cidadanía poida desfrutar da súa música, como o viña facendo ata que comezou a crise sanitaria.

A Banda Municipal celebrará dous concertos de Nadal

O Concerto de Nadal do sábado pechará coa interpretación de varias panxoliñas e dalgunha "sorpresa", segundo anunciou o director da Banda compostelá

A Banda Municipal suma novas colaboracións e concertos especiais no seu Ciclo de Outono

Banda Municipal de Música inicia o seu Ciclo de Outono este vindeiro domingo, 6 de outubro. Durante o último trimestre do ano, baixo o título "En tempo cos ventos", a formación ofrecerá ata 15 concertos, nos que sumará novas colaboracións, actuacións didácticas, galas líricas ou a habitual participación en Cineuropa

A Banda Municipal de Música de Brión ofrece hoxe sábado o seu Concerto de Nadal

Terá lugar no centro social polivalente de Brión ás 20:00 horas

Lo más