Boirom

Tenta roubar a punta de coitelo o diñeiro que acababa de sacar do caixeiro unha muller

A Garda Civil do Posto de Boiro detivo a un home de 55 anos de idade como presunto autor dun delito de roubo con violencia en grao de tentativa tras tentar subtraer o diñeiro que unha muller sacara dun caixeiro nesta localidade.