bolsas

O Ministerio rebaixará a 5 a nota para acceder ás bolsas universitarias e eliminará as contías variables

A ministra de Educación e FP, Isabel Celaá, avanzou este xoves no Congreso que realizará unha "profunda reforma" do sistema estatal de bolsas que leva en vigor desde 2012, con medidas como a redución a 5 da nota de acceso a estas axudas e a eliminación das contías variables que puxo en marcha o ministro do PP José Ignacio Wert e que xerou numerosas críticas entre a comunidade educativa.

8,1M€ en bolsas para contratos predoutorais de persoal investigador

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria (a través da Axencia Galega de Innovación, GAIN) veñen de convocar 100 novas bolsas de contratos predoutorais co fin de garantir a formación inicial dos investigadores galegos no Sistema Universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i cunha duración de tres anos. A convocatoria -á que este ano se destinan 8.129.100 euros- pode consultarse no Diario Oficial de Galicia

Aberto o prazo para optar as bolsas de prácticas da Xunta en oficinas de turismo de nove países

A convocatoria pretende a excelencia na atención aos viaxeiros da man dunha formación de calidade dos profesionais e a internacionalización do destino 

A Xunta repartirá 50.000 bolsas ecolóxicas entre os comerciantes de Santiago

Esta campaña pretende sensibilizar a importancia do medioambiente baixo o lema Recicla, reudce, reutliza

Educación do Concello de Teo convoca as axudas para material e transporte deste curso

Estas bolsas cobren gastos de material escolar, libros de texto e contidos dixitais, así como os de transporte a centros situados fóra da área metropolitana

A Federación de Anpas de Compostela pronúnciase sobre as bolsas de comedor escolar

Demanda ao Goberno municipal que arbitre con urxencia “as medidas necesarias” para que as familias que se atopen en situación de “varianza económica” teñan a posibilidade de acceder ás bolsas de comedor neste curso escolar.

Concienciación ambiental para o uso de bolsas de tela

Estas bolsas están en diferentes establecementos de Negreira que colaboran para a súa exposición e venda

Lo más