Bonotaxi

A nova convocatoria das axudas do "bonotaxi" incorpora como posibles beneficiarios/as a persoas que sigan un tratamento médico periódico

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, presentou as bases da convocatoria de concesión de axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para persoas con dificultades de mobilidade ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo. A novidade deste ano é a incorporación como posibles beneficiarios/as de persoas que estean seguindo un tratamento médico periódico en centros hospitalarios da cidade. Acompañaron a concelleira na rolda de prensa os técnicos municipais Javier Maroño e Eva González.

42 persoas beneficiarias do "bonotaxi"

As axudas suman 13.900 euros

A convocatoria de axudas do "bonotaxi" acaba de ser publicada

Este servizo de taxi está pensado como como medio alternativo para as persoas con déficits de mobilidade ou que non poden ou presentan grandes dificultades para o uso do transporte colectivo

Aberto ata o 19 de xullo o prazo para solicitar as axudas do "bonotaxi"

A edila sinalou que "estas axudas súmanse ao amplo catálogo de prestacións sociais coas que conta o Concello de Santiago"

Lo más