Brión

Brión organiza un curso de horta ecolóxica e cultivo de froita

O Concello de Brión convoca un curso de horta ecolóxica e cultivo de froita, que terá lugar todos os luns a partir do 3 de agosto en horario de 18:00 a 22:00 horas. Un curso que se impartira na aula de formación de Monte Balado e que se estenderá ata finais do mes de outubro.

O Concello de Brión mellora o equipamento do GES coa adquisición dun novo explosímetro

Será empregado polo Grupo de Emerxencias Supramunicipal e facilitará o seu labor na detección e prevención de incendios 

O Concello de Brión convoca tres obradoiros gratuítos de informática

O Concello de Brión organiza tres obradoiros gratuítos de informática, que terán lugar ao longo dos próximos meses en canto se xunte un grupo mínimo de 3 persoas interesadas

Os Encontros coa Arte 2020 de Brión trasládanse ás Redes Sociais

Artistas participantes nas catorce edicións celebradas comparten vídeos e imaxes dos seus cadros a través da fan page do Concello de Brión

Aprobados definitivamente os orzamentos do Concello de Brión para 2020

O BOP publica hoxe a aprobación definitiva do orzamento 2020 do Concello de Brión, aprobado inicialmente en febreiro pola unanimidade dos grupos políticos municipais. Un orzamento equilibrado que ascende a 6.745.220,39 euros, un 6,63% máis co ano anterior (6.326.110,96 euros), e que incrementa nun 10% a partida destinada a Servizos Sociais e Emprego.

O Concello de Brión inicia as obras de mellora do alumeado público das parroquias dos Ánxeles e Brión

Nestes días estase a proceder á substitución das 86 luminarias da avenida de Santa Minia por outras tipo LED que permitirán un aforro de 49.364 kWh/ano

Un pequeno lume destrúe parte do arquivo municipal do Concello de Brión

O incendio orixinouse por un problema eléctrico e foi controlado grazas á rápida intervención do Grupo de Emerxencias Supramunicipal brionés 

A ESMU Magariños de Brión abre este luns o prazo de matriculación de nova admisión para curso 2020/2021

A Escola Municipal de Música (ESMU) Magariños de Brión abrirá o próximo luns 15 de xuño o prazo de matrículas para novas admisións para o curso 2020-2021, que estará aberto ata o vindeiro 22 de xullo. As inscricións poderán realizarse na secretaría da ESMU de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas, e os martes de 16:00 a 19:00 horas.

Brión organiza a próxima semana unha campaña de recollida de alimentos para loitar contra os efectos da COVID-19

O Concello de Brión organiza a próxima semana unha campaña especial de “Brión solidario” para recoller alimentos para loitar contra os efectos da COVID-19, que terá lugar entre o 15 e o 21 de xuño. As persoas interesadas en participar poderán doar alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene e artigos para bebé no supermercado Froiz de Montebalado.

Unha ducia de representantes do sector turístico brionés asisten a un taller de medidas hixiénico sanitarias fronte a COVID-19

Unha ducia de persoas, representantes de establecementos relacionados co sector turístico de Brión, participaron esta mañá nun taller de medidas hixiénico-sanitarias fronte á COVID-19 organizado pola Asociación Terras de Compostela, en colaboración co Concello de Brión. Un obradoiro de dúas horas e media que tivo lugar no salón de actos do centro social polivalente, que se encheu ao máximo da súa capacidade. O alcalde de Brión, José Luís García, foi o encargado de darlle a benvida ás persoas participantes.

Brión convoca uns obradoiros de verán gratuítos e dirixidos unicamente a familias que non teñan con quen deixar os rapaces

Dirixido a nenos e nenas de 3 a 14 anos, terán lugar do 22 de xuño ao 11 de setembro en horario de 9:30 a 13:30 horas

Unha muller resulta ferida leve nun accidente en Brión

Colisionou cunha vivenda e unha luminaria pública da zona.

A Deputación e o Concello de Brión invisten 306.705 euros mellora da seguridade peonil na travesía de Bastavaliños

Construirase unha senda de 2,3 quilómetros para mellorar a seguridade da veciñanza nunha estrada que presenta un importante volumen de tráfico 

A cuarta fase do trampeo primaveral de avespa velutina en Brión sáldase coa captura de 358 raíñas e 609 obreiras

O Concello de Brión anima á veciñanza a revisar tellados, hórreos e galpóns na busca de niños primarios

Aparece la joven desaparecida en Brión desde el domingo

La familia había denunciado este lunes su desaparición

Se busca a una joven de 16 años vecina de Brión

La joven desapareció el domingo sobre las 20 horas 

As obras na vía que conecta Santiago con Brión provocarán cortes este luns

Os traballos na vía que comunica Santiago e Brión céntrase na recolocación dunha das pilas de apoio do viaduto da marxe esquerda, habilitándose o desvío de tráfico polo enlace

A biblioteca municipal de Brión reabre as súas portas para os servizos de préstamo e información bibliográfica

Durante a Fase 1 non estará permitido o acceso e libre circulación polas salas do centro (infantil, estudo e Internet)

A primeira fase do trampeo primaveral de avespa velutina en Brión sáldase coa captura de 302 raíñas e 228 obreiras

O Concello de Brión anima á veciñanza a revisar tellados, hórreos e galpóns na busca de niños primarios