CGAI

Marisa Paredes e John Malkovich acompañan o exdirector da Filmoteca Española Chema Prado na homenaxe que lle rende o CGAI

O programador, padriño do Centro Galego de Artes da Imaxe desde a súa creación, seleccionou algunhas das películas que marcaron a súa traxectoria profesional e vital para seren proxectadas no ciclo que terá lugar ata mediados de maio


A programación do CGAI esténdese a catro cidades coa adhesión de Pontevedra á súa rede de colaboración cos cineclubs

Acollerán cadansúa escolma de títulos pertencentes á programación da filmoteca galega, para a que tamén se terán en conta as suxestións das devanditas asociacións