cidade historica

O Consorcio de Santiago recibe 64 solicitudes no marco do programa de axudas destinadas á rehabilitación dos inmobles da cidade histórica

Este pasado luns, 2 de marzo, remataba o prazo para presentarse á convocatoria de axudas que ten en marcha o Consorcio de Santiago co fin de mellorar os edificios da cidade histórica compostelá. Trátase do programa Ter é manter, dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios e que inclúe ademais as actuacións sobre os elementos especiais de madeira e reixas. O organismo interadministrativo destinará a esta convocatoria un importe global de 300.000 euros. 

O Consorcio licita o servizo de mantemento e reparación dos pavimentos da cidade histórica

O Consorcio de Santiago acaba de licitar o servizo de mantemento e reparación dos pavimentos do recinto intramuros da cidade histórica para os vindeiros doces meses por un importe global de 187.095 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 9 de marzo para presentar as súas propostas.

Aprobado o Plan de Xestión da Cidade Histórica

Jorge Duarte explicou que o Plan de Xestión "é realmente un Plan Estratéxico que o Concello de Santiago abordou a partir dun longo proceso participativo, e que vai moito máis alá dun documento urbanístico"

Goretti Sanmartín: “A instalación de internet de banda larga na Cidade Histórica será unha prioridade para o BNG”

O BNG defende un modelo que aposte por facilitar o incremento de persoas residentes e comercio aberto durante todo o ano neste enclave

O 25 de marzo remata o prazo para solicitar as axudas destinadas a mellorar o mantemento exterior e a eficiencia enerxética dos inmobles da cidade histórica

Esta subvención abrangue as fachadas exteriores ou patios interiores, cubertas, canlóns e baixantes, carpinterías e galerías de madeira, portas de entrada aos edificios e reixerías dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica

O BNG sinala que o Plan Especial non afonda para combater a despoboación do casco histórico

Goretti Sanmartín engade que o Plan non recolle aspectos básicos como a recollida do lixo ou o regulamento de carga e descarga

Aberto ata o 28 de agosto o prazo para solicitar as axudas para a mellora dos locais comerciais da cidade histórica de Compostela

As solicitudes e a documentación poderán presentarse no rexistro do Consorcio, situado no número 59 da rúa do Vilar, ou en calquera outro rexistro