Cidades Patrimonio

O Grupo de Cidades Patrimonio aborda un plan de acción promocional dirixido ao turismo nacional

A Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España reuniuse esta mañá de forma telemática para impulsar un plan de acción de promoción turística, unha vez se poña en marcha a fase de desescalada.

A proba nocturna "SantYaGo10K" formará parte un ano máis do Circuíto de Carreiras "Cidades Patrimonio da Humanidade"

Este xoves presentouse en Salamanca o III Circuíto de Carreiras Cidades Patrimonio da Humanidade, actividade que organiza o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, en colaboración con EDP e Paradores. As carreiras que integran este calendario atlético terán lugar ao longo de 2020 e transcorrerán total ou parcialmente na zona patrimonial de cada unha das 15 españolas rexistradas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO. O Circuíto chegará a Compostela o sábado 2 de maio, coa celebración da proba nocturna SantYaGo10K

As Cidades Patrimonio promocionan a súa oferta turística no mercado belga

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España promociona a súa oferta turística e monumental no mercado belga na feira Salon des Vacances, que se celebra ata o vindeiro domingo en Bruxelas

As Cidades Patrimonio da Humanidade aumentarán a súa promoción internacional

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou nos actos do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España en Fitur, onde tamén se presentou a Semana Santa de Santiago.

O Grupo de Cidades Patrimonio presenta en Fitur o Plan de acción anual con Paradores

O Grupo Cidades Patrimonio, en colaboración con Paradores, organizou, por sexto ano consecutivo, a campaña "A Ruta das Cidades Patrimonio da Humanidade en FITUR 2020", que terá lugar do 22 ao 26 de xaneiro

O Grupo de Cidades Patrimonio entregará este venres a Paradores o seu Premio anual

O segundo tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, participará este sábado 16 de novembro en Ibiza/Eivissa na Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Un día antes, celebrarase a Comisión Executiva e o acto de entrega do Premio Patrimonio 2019, que este ano recaeu en Paradores de Turismo.

As Cidades Patrimonio inician a súa promoción de 2019 na feira Vakantiebeurs de Utrecht (Holanda)

Neste evento, de grande importancia para o mercado holandés e principalmente destinado a público final, participan os principais destinos, empresas e profesionais do sector

Un compostelán gaña o II Certame de Creación Audiovisual do Grupo Cidades Patrimonio na categoría de 19 a 30 anos

Os obxectivos que se buscan son que os mozos adquiran un maior coñecemento do concepto Patrimonio Mundial e da declaración da UNESCO pola que a súa cidade foi incluída na Lista do Patrimonio Mundial, así como provocar neles un sentimento de pertenza e orgullo con respecto ao Patrimonio Mundial e, á vez, darlles a oportunidade de ofrecer a súa visión persoal do mesmo a través da súa cidade