Clara Campoamor

Adxudicada a obra de reurbanización da rúa Clara Campoamor

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á adxudicación da devandita obra, segundo anunciou o rexedor compostelán na rolda de prensa posterior á sesión ordinaria, onde tamén deu conta dos restantes acordos adoptados.

Aberto o procedemento de adxudicación das obras da rúa de Clara Campoamor

A Xunta de Goberno Local, nunha sesión extraordinaria, aprobou este martes o inicio do procedemento de contratación das obras de reurbanización da rúa de Clara Campoamor. O importe de licitación é de 1.563.864,94 euros (IVE incluído) e o prazo de execución de cinco meses. Esta obra está incluída no programa Edusi, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020

A rúa Clara Campoamor terá un vial para taxis e buses para acceder á futura estación intermodal

Tal como explicou o alcalde, a modificación do proxecto inicial, formulada polo actual Goberno municipal, ten por obxecto a introdución dun carril especializado destinado a buses e taxis

Duarte presenta o proxecto da reforma da rúa Clara Campoamor

Jorge Duarte explicou que o obxectivo do Goberno "é iniciar a licitación no prazo dun mes, para que as obras poidan comezar no próximo verán"

Lo más