Comarca Ames

O cemiterio municipal de Ames reabre as súas portas este luns

Este luns, 1 de xuño, o cemiterio municipal de Ames reabre as súas portas e faino no seu horario habitual todos os días (incluídos sábados, domingos e festivos) de 10:00 a 18:00 horas. Nas instalacións lévanse a cabo traballos de vixilancia, mantemento e atención ao público, ademais dos servizos de enterramento e velorio.