Concello de Boqueixón

O Concello de Boqueixón organiza un Obradoiro de iniciación ao coidado dos bonsáis

A sesión desenvolverase o vindeiro 30 de marzo na Casa da Cultura de Camporrapado

Éxito das dúas visitas teatralizadas a Ponte Ledesma coa asistencia de máis dun cento de persoas

Os Concellos de Boqueixón e Vila de Cruces organizaron as sesións que recrearon as batallas napoleónicas

Román Rodríguez anuncia un investimento de 3 millóns de euros para o acondicionamento e sinalización da Vía da Prata

O conselleiro de Cultura e Turismo reuniuse hoxe cos alcaldes deste itinerario para avanzar no proxecto de actuación integral que se executará en 2019


A Xunta impulsa cos alcaldes de Touro e Boqueixón a posta en valor de terras xunto coa reestruturación parcelaria en ambos concellos

O director xeral de Desenvolvemento Rural e o delegado territorial da Xunta na Coruña celebraron unha xuntanza de traballo cos dous rexedores municipais para abordar este asunto

O Concello de Boqueixón ofrece dúas sesións formativas o venres 15 de febreiro

A primeira sesión ofrecerá claves para mellorar o rendemento dos escolares e a outra, dirixida a pais e nais, como mellorar a comunicación cos fillos e fillas

O Concello de Boqueixón modifica un proxecto para acometer a reposición da cuberta do local social de Lestedo

A Corporación acorda presentar propostas para que se amplíen frecuencias de autobús no municipio

A veciñanza de Boqueixón xa pode transitar con seguridade entre A Susana e A Eirexe coa nova senda peonil e ciclista

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o delegado territorial, Ovidio Rodeiro, visitaron hoxe o itinerario

Alumnado de ESO do CPI Antonio Orza Couto visitou a mostra ‘Á Violencia de Xénero dille Non’ no Concello de Boqueixón

Dende o CIM boqueixanés, que coordinou esta visita á mostra promovida a través da Rede de entidades locais contra a violencia de Xénero, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación galega de Municipios e Provincias de Galicia, salientan a participación do alumnado

En marcha as obras de acondicionamento do centro sociocomunitario de Sergude, Boqueixón

Os traballos, cun orzamento de 202.000 euros, estarán finalizados en primavera

A VII Ruta de Tapas ‘Que rico estás Boqueixón’ e do VI Certame de Fotografía ‘Boqueixón en imaxes’ entregan os seus galardóns

O alcalde, Manuel Fernández Munín, anima a profesionais e veciñanza a seguir participando neste tipo de iniciativas “que poñen en valor o noso territorio”

Boqueixón organiza unha nova edición do Torneo Interparroquial de Fútbol Sala

Terá lugar no pavillón municipal do Forte os próximos 24 e 25 de decembro

Casa Castro leva o primeiro premio na VII Rutas de Tapas "Que rico estás Boqueixón"

O Concello realizou o sorteo dos tres premios para a clientela que completou entre catro e seis selos dos establecementos participantes

Boqueixón pechou o domingo o Ciclo de Teatro de Outono

Á obra de teatro acudiron preto de 200 persoas

Arrinca a sétima Ruta de Tapas "Que rico estás Boqueixón"

Desenvolverase os días 30 de novembro, e 1, 2, 7, 8 e 9 de decembro

Record de participación no VI Concurso de Fotografía "Paisaxes de Boqueixón"

Entre os tres finalistas repártense ata 350 euros en premios

Un mural contra a violencia de xénero en Boqueixón

Trátase dunha das accións para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Preto de 80 cativos e cativas de Boqueixón e Vedra iniciaron os seus campamentos da Acción de Verán 18

Os nenos e nenas participantes dividíronse en dous grupos. Un total de 60 rapaces e rapazas de entre 9 e 12 anos (sección infantil) alóxanse en apartamentos, mentras que os 17 restantes, con idades comprendidas entre os 13 a 16 anos (sección xuvenil), farán descansarán en bungalows

Xantar de confraternidade para pechar as actividades deste ano do programa de prevención da dependencia de Boqueixón

Así, dase por concluído un intenso ano cheo de actividades. As diferentes sesións desenvolvéronse nas instalacións do local social de Sergude dúas veces por semana. Para facilitar a asistencia, dende o Concello de Boqueixón facilitan un servizo de transporte gratuíto para todas as persoas participantes

Boqueixón súmase para acoller os refuxiados do 'Aquarius'

Esta medida tómase ante a situación de emerxencia humanitaria dos preto de 630 migrantes do Aquarius