Concello de Santiago de Compostela

O Goberno reactivará o Consello Municipal de Persoas Maiores

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este venres coa presidenta da Asociación de Pensionistas de Santiago, Manuela Fraguela, e con outros/as integrantes da directiva

Compostela acolle este domingo a XVIII edición da Camiñada ao Pedroso

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, acompañada do presidente da sección de montaña do Club Deportivo Fontiñas, Iñaki Bilbao, e da coordinadora de Unicef Comité Galicia, Irene Marín, presentou este mércores a XVIII edición da Camiñada ao Pedroso, que se celebrara o vindeiro domingo, 6 de outubro, a partir das 10:00 horas. O diñeiro recadado irá para os programas de auga de Unicef

Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista

A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este luns en Las Palmas de Gran Canaria

Santiago aproba pagar a indemnización de 620.000 euros a Doal pola adxudicación da ORA e do guindastre

A tenente de alcalde, Mercedes Rosó, lembrou que esta indemnización é "moitísimo diñeiro", que "redundará nas arcas municipais", e que se trata dun asunto "moi delicado", que agora o consistorio confía en pechar


Compostela contará con una comisión especial para la memoria histórica

La propuesta del BNG fue apoyada por CA y PSdeG-PSOE con la abstención del PP

Aprobaba a modificación urbanística da parcela na que se construirá a futura Cidade da Raqueta

Deuse o visto bo á modificación puntual do plan especial para o desenvolvemento do sistema xeral de equipamento deportivo ZD-2

O Concello propón aos colexios actividades para a promoción do uso da lingua galega

O Departamento de Lingua retoma neste outono a súa programación dirixida aos centros de ensino

Nace "Compostela Móvese pola Economía de Proximidade" cunha liña de produción e distribución de produto de horta

A partir do 18 de maio realizaranse tres cursos de "Horticultura biolóxica profesional e economía de proximidade" nos centros cívicos de Enfesta, Marrozos e O Castiñeiriño

Santiago volve a sobrepasar o prazo para pagar facturas

En febreiro alcanzou unha media de 53,8 días 

O Concello distribuirá ecovasos na Festa do Banquete, na primeira acción para "termos uns eventos máis sustentables"

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia presentou a Guía de Eventos Sustentables, "un documento que pretende minimizar os impactos ambientais negativos dos actos que se celebren en Santiago"

Arrinca o "Barrio Xardín" co obxectivo de desenvolver o potencial comercial da contorna do Parlamento

O tecido comercial e a veciñanza deste ámbito colaboraron no desenvolvemento dun proxecto que ten como obxectivo dinamizar o comercio da zona, recuperar os espazos públicos e mellorar a convivencia no ámbito

Mércores e sábado: prohibición de aparcar polo pintado do estacionamento da Pontepedriña

O mércores 1 pintaranse as prazas da parte do aparcadoiro máis próxima á rotonda do Hórreo, Amor Ruibal e Romero Donallo

Recepción ao alumnado de intercambio dos colexios Groupe Scolaire Sainte-Croix (Francia) e Peleteiro

Este grupo de escolares franceses mantén un intercambio académico co alumnado de francés do Colexio Manuel Peleteiro

Sinatura de libros, concertos e recitais poéticos no II Mercado do Libro e da Artesanía da Festa do Banquete

Trátase da segunda edición deste mercado, que se celebra ao abeiro da Festa do Banquete, "unha iniciativa transversal onde participan diversos departamentos do Concello, incluído Comercio"

Aberta ata o 2 de maio a inscrición para a XV Andaina dos 50 km

A proba celebrarase o sábado 4 de maio, con saída ás 9 da mañá e cun prazo máximo de 12 horas para completar o percorrido

A Corporación amosa o seu apoio ao persoal do aeroporto que demanda a AENA o mantemento do servizo de cantina

No texto asinado esíxeselle á dirección de AENA en Santiago de Compostela que "reciba a representación sindical dos traballadores e traballadoras para que poidan trasladarlle as súas preocupacións"

Hoxe luns empeza a funcionar o ascensor de Triacastela

O ascensor funcionará entre as 7:00 ás 23:00 horas, e estará videovixiado

O Goberno local abre un expediente á empresa encargada da xestión dos centros cívicos

Ferrovial empezou a xestionar os centros cívicos en xullo de 2018, e a partir de outubro empezáronse a recibir queixas da veciñanza sobre a prestación do servizo

O Grupo Municipal Popular advirte dos “bandazos” de Compostela Aberta co Centro Social do Casco Histórico

O anuncio da cesión dun inmoble da USC, na rúa Casas Reais, para a súa conversión en centro social, pon en evidencia a descoordinación e o descontrol do Goberno de CA que encargou e pagou un proxecto para acondicionar outro local como centro social na Praza Salvador Parga

O Concello volve sumarse ao programa "Vacacións con Traballo", do Fondo Galego de Cooperación

A través das Vacacións con Traballo, persoal técnico da administración local e autonómica inviste un mes de traballo ou vacacións en colaborar cos parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade nos países do Sur

Lo más