csc do ensanche

O CSC do Ensanche acolle a mostra "Cegasal, unha asociación de persoas para as persoas"

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugurou no Centro Sociocultural do Ensanche a exposición "Cegasal, unha asociación de persoas para as persoas". A mostra exhibe 24 imaxes, realizadas polo fotógrafo coruñés Diego Silva, na que os/as protagonistas son os/as traballadores/as dos centros, persoas con distintas discapacidades, pero con moita competencia a nivel profesional.