cursos 2019

Máis de 850 persoas xa reservaron praza nos cursos de formación online do Concello durante o primeiro día de inscrición

Máis de 850 persoas inscribíronse nun só día na maior oferta formativa online do Concello de Santiago de Compostela, posta en marcha pola área de Emprego co obxectivo de mitigar os efectos da crise sanitaria provocada pola COVID-19. O período de inscrición para as 1.500 prazas ofertadas en máis de 100 cursos, pertencentes a 20 áreas profesionais, abriuse onte a través da web de Talentia Summit. Esta mañá xa estaban cubertas máis da metade das prazas. 

Ábrese o prazo de inscrición nos seus cursos Actívate, oito iniciativas formativas para nenos e adultos que se desenvolverán entre xaneiro a xuño.