Dia do Libro

Os membros da corporación recomendan lecturas no Día Mundial do Libro

Con motivo do "Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor"  o Goberno municipal recorda que, entre outros aspectos, ler mellora a expresión oral, aumenta a nosa comprensión e a nosa capacidade comunicativa, potencia a memoria, esperta a imaxinación e mantennos informados. Por iso, a través dunha campaña en redes baixo o hastag #Compostelalenacasa, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e distintos concelleiros recomendan a lectura de varios libros, e destacan o enorme potencial literario que ten Galicia. 

Celébrase o Día do Libro na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

O vindeiro 23 de abril, a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal invita ás compostelás e

aos composteláns a sumarse á celebración do Día do Libro