Día Mundial do Ictus

A Xerencia Sanitaria de Santiago únese ó Día Mundial do Ictus colaborando na visibilización da enfermidade

Hoxe celébrase o Día Mundial do Ictus ó que se suma a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago (XXIS) para dar visibilidade e divulgar a súa impotancia, tratamiento, síntomas e factores de risco.A Xerente da XXIS, Eloína Núñez, e a responsable da Unidade de Ictus da Área sanitaria de Santiago, Susana Arias, visitaron a mesa informativa que a Asociación de Dano Cerebral Sarela instalou na entrada do Clínico. Cada ano arredor de 130.000 españois sofre un ictus, sendo a segunda causa de mortalidade en España, a primeira en mulleres. Grazas á exitencia da Unidade de Ictus case a metade dos doentes puideron ter a alta dende o propio servizo de urxencias.