Fitur

Más de 77 mil visitantes se acercaron al stand de Galicia en Fitur

Os asistentes puideron coñecer polo miúdo, ao longo de cinco xornadas, a proposta de Galicia para o Xacobeo 2021 e experiencias vencelladas á natureza, o patrimonio cultural ou a enogastronomía  como eixos de diferentes xeodestinos 

O Grupo de Cidades Patrimonio presenta en Fitur o Plan de acción anual con Paradores

O Grupo Cidades Patrimonio, en colaboración con Paradores, organizou, por sexto ano consecutivo, a campaña "A Ruta das Cidades Patrimonio da Humanidade en FITUR 2020", que terá lugar do 22 ao 26 de xaneiro

Sindo Guinarte presenta en FITUR o proxecto "Santiago Tech Compostela"

O concelleiro de Turismo e Ano Santo, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron en Fitur "Santiago Tech Compostela", unha nova liña estratéxica da entidade municipal de promoción turística

O alcalde de Oroso promocionou en FITUR o patrimonio natural do Concello

“Cada ano son máis as entidades e persoas interesadas polos atractivos paisaxísticos e culturais que temos en Oroso”, asegura Manuel Mirás

Galicia abre as portas aos visitantes de FITUR con catas comentadas, obradoiros de xoiería e cultura galega

Nas xornadas para o público xeral da feira internacional de turismo que se celebra en Madrid, o expositor galego ofrecerá como novidade este ano información específica dos cascos históricos e de turismo de mergullo, entre outros

Teresa Villaverde presenta en FITUR os atractivos do turismo industrial e a gastronomía do xeodestino Muros-Noia

Teresa Villaverde salientou os distintos atractivos existentes na Ría de Muros Noia, facendo fincapé nesta ocasión na riqueza do patrimonio industrial existente na zona

Martiño Noriega participa na Asemblea de Cidades Patrimonio celebrada no marco de Fitur 2019

A axenda comezou coa xuntanza da Asemblea de Alcaldes e Alcaldesas e continuou coa renovación de varios convenios para a promoción das 15 cidades

Feijóo aspira a celebrar o mellor Xacobeo na mellor Galicia da nosa historia

O titular da Xunta presidiu hoxe a presentación de Turismo de Galicia en Fitur 2019. “Estamos a falar dun dos acontecementos turísticos e culturais máis relevantes que vivirá o conxunto do país nos vindeiros anos”, asevera, e invita a todas as comunidades e ao Goberno central a cooperar neste gran proxecto

Noriega presenta Santiago en FITUR reivindicando "un turismo que aporte valor engadido e permita manter a esencia da cidade"

Foi durante a presentación da capital galega en FITUR, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid. Martiño Noriega incidiu en que "Compostela está plenamente consolidada como destino turístico, e os esforzos feitos nos últimos anos na promoción internacional da cidade están dando os seus froitos"

Santiago presenta en Fitur a súa aposta polo turismo literario, dos bos amores, de congresos e de cine

A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, fixeron no Pazo de Raxoi unha presentación das accións de promoción que desenvolverá a entidade municipal de promoción turística en Fitur, que terá lugar do 23 ao 27 de xaneiro en Madrid.

O Concello de Noia promocionará o seu casco histórico na próxima edición da Feria Internacional de Turismo (Fitur)

Cultura e Turismo ultima un novo produto turístico que porá en valor o potencial dos cascos históricos de Galicia

Lo más