Frades

Frades inviste case 28.000 euros no arranxo de tres pontes

Danadas polos temporais do pasado inverno

Frades instala xogos infantís e un circuíto biosaudable no local social de Añá

O Concello de Frades vén de instalar xogos infantís e un circuíto biosaudable para a terceira idade no local social de Añá, construído o ano pasado grazas a un investimento de preto de 82.000 euros cofinanciados polo  Plan Leader e a entidade municipal.

Frades inviste 82.000 € no arranxo do camiño Fondevila-Cheda e na mellora dos accesos a O Canedo e Fondevila

O Concello de Frades vén de investir 82.038,81 euros no arranxo do camiño que une a AC-524 coas localidades de Fondevila e Cheda, así como na mellora dos accesos ás localidades de Fondevila e O Canedo. Tres obras emprazadas na parroquia de Abellá e que foron adxudicadas á empresa Cosmalca SL.

Frades inicia a segunda roza nos seus máis de 300 km de estradas asfaltadas

Ten previsto rozar 10,5 hectáreas de parcelas grazas ao convenio de prevención e loita contra lumes forestais asinado con Medio Rural

Frades vén de investir máis de 50.000 euros na mellora de dous camiños rurais en Gasalla e Xeza

As obras foron financiadas cunha achega de 42.505 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural 

Entrega de diplomas ás nove mulleres de Frades que remataron as 200 horas teóricas do curso de monitora de tempo libre

Nove mulleres de Frades veñen de rematar as 200 horas formativas dun curso de monitor de tempo libre organizado polo Concello de Frades e impartido por persoal da Escola Galega de Tempo Libre.

O Concello de Frades e a dirección do CPI Ponte Carreira colaboran na adaptación do centro ás normas da Covid-19

Instalaron xogos termoplásticos e o Concello pon tres persoas a disposición do colexio para cumprir coas esixencias sanitarias

Rematan os campamentos municipais de verán máis longos na historia de Frades

O Concello de Frades vén de clausurar os seus campamentos municipais de verán que, debido á pandemia da Covid-19 e ás peticións realizadas dende as familias, finalmente tiveron lugar ata o presente mes de setembro. Deste xeito, esta edición convértese na máis longa na historia do municipio, pois os campamentos desenvolvéronse entre o 29 de xuño e o 4 de setembro.

O Concello de Frades prepara un amplo programa cultural para setembro

O día 5 comezan as actividades coas actuacións do Mago Antón

Un total de 37 persoas participaron nos cursos de natación do Concello de Frades

Un total de 37 persoas, 28 nenos e nenas e nove persoas adultas, participaron nos Cursos de Natación organizados polo Concello de Frades. Unhas clases que tiveron lugar do 13 de xullo ao 31 agosto nas instalacións da piscina municipal de Frades, que onte pechou as súas portas.

Frades propón dúas citas deportivas para rematar o mes de agos

O día 22 terá lugar o campionato de pádel nas instalacións da piscina e o 29 celebrarase o Día da Bicicleta cunha ruta pola vila

Frades estende os seus Campamentos Municipais de Verán ata o vindeiro 4 de setembro

Dáse, así, resposta á demanda dos pais e nais que solicitaban a ampliación das quendas deste programa de conciliación

O Concello de Frades condena actos vandálicos perpetrados en espazos públicos

O equipo de Goberno xa presentou a correspondente denuncia ante a Garda Civil e busca a colaboración cidadá para atopar aos culpables

Frades prohibe temporalmente o uso de auga da traída municipal para rega e enchido de piscinas

O Concello de Frades vén de prohibir a utilización da auga procedente da traída municipal para o enchido de piscina ou a rega de cultivos e xardíns, actuacións para os que a veciñanza pode seguir empregando mananciais ou pozos propios, no seu caso.

Dez mulleres de Frades participan no curso de monitora de tempo libre, de 350 horas lectivas

Un total de dez mulleres de Frades participan no curso de monitor de tempo libre organizado polo Concello de Frades e impartido por persoal da Escola Galega de Tempo Libre.

O Pleno de Frades apoia por unanimidade as reclamacións da veciñanza de Ponte Carreira polo mal servizo de Unión Fenosa Distribución

O Concello convocará unha mesa de traballo para estudar a posta en marcha dunha plataforma de comercio en liña

Frades convoca un curso de monitor/a de tempo libre de 350 horas lectivas

Desconto especial de 50 euros para persoas empadroadas en Frades cunha antigüidade mínima de 1 ano

O XVII Campionato Municipal de Pesca Infantil do Concello de Frades congregou a 30 nenos e nenas

A edición número dezasete do Campionato Municipal de Pesca Infantil de Frades reuniu esta fin de semana a uns oitenta veciños e veciñas do municipio, entre eles os trinta nenos e nenas menores de 16 anos que tomaron parte do torneo. Un campionato que por segundo ano consecutivo tivo lugar na área recreativa da piscina municipal (Papucín) e que se desenvolveu baixo as medidas preventivas recomendadas fronte á Covid-19.

Rematadas as obras de humanización da contorna do centro de saúde de Abellá

As obras supuxeron un investimento de máis de 107.000 €, financiados pola Xunta de Galicia e o Concello de Frades ao abeiro do Plan Hurbe

Frades saca a licitación a cubrición e ampliación do parque infantil de Ponte Carreira por case 60.000 euros

As obras incluirán tamén a reparación do pavimento da praza e a instalación de novos xogos, como unha tirolina e unha cama elástica