Gaiás

Música e Teatro amador no Gaiás

Teatro amador con banda sonora ao vivo foi a proposta escénica do espectáculo MIB: Músicos In Black, que na tarde do sábado interpretaron no Museo Centro Gaiás a banda Unión de Guláns e o grupo de teatro Todos Xuntos, un proxecto no que implicaron a toda a veciñanza desta pequena aldea de Ponteareas. 

O 'Nadal no Gaiás' transformará a Cidade da Cultura nunha urbe de conto

Do 13 de decembro ao 6 de xaneiro de Nadal no Gaiás terá unha programación que transformará a Cidade da Cultura nunha urbe de conto, ateigada de cor, figuras de globos, obradoiros para a cativada, un espectáculo circense-musical e unha gran gala de magos, chegados de todos os recunchos do planeta, xa que a maxia será a protagonista das actividades artelladas para estas festas.

'Galicia, un relato no mundo' terá visitas comentadas con especialistas

Cada sábado, o público poderá descubrir no Gaiás a primeira gran exposición da Xunta polo Xacobeo 2021 dunha maneira diferente, da man de especialistas e afondando nalgún aspecto ou temática da mostra

Esta tarde foliada do ‘Magosto no Gaiás’

A cita ofrecerá a partir das 20,00 horas a típica degustación de castañas -para a que se contará coa colaboración un ano máis da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia- seguida da foliada típica deste festexo popular. E para isto último contarase con música de raíz co obxecto de crear o ambiente de festa rachada tan característico do Magosto.

Máis de 14.400 persoas visitaron en menos de 2 meses 'Argallar' no Gaiás

A exposición da Xunta de Galicia no Gaiás para xogar coa arquitectura, Argallar, pechou esta pasada fin de semana con máis de 14.400 persoas en tan só 51 días que estivo aberta na Cidade da Cultura de Galicia. Deste número, un total de 2.500 visitas foron escolares procedentes de medio cento de centros de toda Galicia.

O Gaiás acollera unha conferecia de Estrella Montolío sobre comunicación e emprendemento

A Cidade da Cultura acollerá o vindeiro 21 de novembro a conferencia O poder da conversa: comunicar para emprender, na que a catedrática de Lingüística e divulgadora Estrella Montolío porá o foco na grande esquecida da comunicación na contorna profesional: a conversa. O relatorio enmarcarase na entrega dos VII Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, certame impulsado pola Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, para favorecer a creación de novas empresas no eido das industrias culturais e creativas, que conta co patrocinio de Afundación e a colaboración do Igape. 

O Museo Gaiás aposta pola realidade virtual e aumentada

A mostra Galicia, un relato no mundo, que a Xunta inaugura no Gaiás a próxima semana, concibe as novas tecnoloxías como un elemento central do relato da exposición, empregando sistemas punteiros de realidade virtual, realidade aumentada e dispositivos de detección sensorial. 

O Gaiás recibe a peza a 'Santa', do artista galego Asorey recén chegada de Uruguai

A escultura foi recibida onte polo conselleiro de Cultura e Turismo, xunto ao secretario xeral de Emigración, que destacou o compromiso desta exposición por “preservar e difundir o patrimonio galego, proxectando ao mundo a nosa riqueza cultural e turística”


A Cidade da Cultura será o epicentro para 25 mozos para mellorar as súas competencias profesionais

O programa ‘Transformación dixital, xestión empresarial e emprendemento nas industrias culturais e creativas’ está organizado pola Cámara de Comercio de Santiago e co-financiado pola Xunta, a través da Fundación Cidade da Cultura

Nova quenda de plantacións realizadas por peregrinos no Bosque do Camiño no Gaiás


A Xunta de Galicia continúa a facer medrar o Bosque do Camiño na Cidade da Cultura cunha nova quenda de plantacións neste mes de outono e realizadas, como na anterior de primavera, por peregrinos chegados de todo o mundo.


La Biblia Kennicott ya se encuentra en el Museo Centro Gaiás

La Ciudad de la Cultura acoge desde este sábado en el Museo Centro Gaiás la Biblia Kennicott, obra reconocida como una de las joyas de la ilustración medieval y uno de los manuscritos hebreos más valiosos y hermosos del mundo, informó el Gobierno gallego en un comunicado

Arquitectos internacionais reflexionan no Gaiás sobre urbes adaptadas aos nenos

Esta fin de semana a Xunta de Galicia está a celebrar na Cidade da Cultura un encontro internacional con expertos chegados de todo o mundo para repensar –en xornadas teóricas e prácticas– como acadar arquitecturas saudables para a infancia en espazos públicos como as escolas, as súas contornas, os parques de lecer e mesmo as propias cidades.

Expertos de máis de 20 países falarán no Gaiás sobre desenvolvemento rural


Galicia é o lugar escollido para celebrar a próxima semana o Congreso Internacional sobre Desenvolvemento Rural e Turismo, no que participa a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO).


O Gaiás reforza a súa seguridade para protexer as obras mestras de "Galicia, o relato do mundo"

O Libro das Invasións, que por vez primeira en oitocentos anos sae de Irlanda para exhibirse en Galicia, foi recibido esta mañá na Cidade da Cultura


O Gaiás celebrará o Magosto cunha gran foliada o vindeiro 16 de novembro

A degustación de castañas -asadas ou como ingrediente principal en diferentes petiscos-comezará ás 20,00 horas, mentres que á actuación musical dará comezo a partir das 21,00 horas

O Gaiás arranca o ciclo musical ‘Viraxes’ coa versión en galego de Carmina Burana

O espectáculo correu a cargo da Banda de Música Municipal de Valga acompañada dos solistas Esperanza Mara, Enrique Alberto Martínez e Eliseu Mera; do coro Gli Appassionati; e do coro de nenos e nenas da Escola de Música Municipal de Valga

Circo, teatro e música clásica na programación do ciclo "Viraxes" no Gaiás

O Gaiás acolle en setembro e decembro tres espectáculos nos que a Banda de Música Municipal de Valga, a Unión de Guláns e a Unión Musical de Meaño fusionan o seu repertorio con outros xéneros e formatos

O Gaiás prepara para esta tarde a maxia da Cidada Imaxinaria

A Cidade da Cultura programa unha tarde con catro horas ininterrompidas de diversión ao aire libre e de balde 

Volve a Cidade Imaxinaria no Gaiás o vindeiro 24 de agosto

A tarde do sábado 24 de agosto, a Cidade da Cultura convida ás familias a gozar de catro horas ininterrompidas de diversión ao aire libre e de balde 

Recta final para o programa Atardecer no Gaiás

Os derradeiros solpores musicados desta edición arrancan o xoves coa mestura de flamenco e cumbia da que foi cantante durante 13 anos de Ojos de Brujo