“O BNG mostra a súa total colaboración co Goberno local para afrontar a crise do coronavirus e ponse á súa disposición para todo aquilo que se xulgue necesario”, afirmou a portavoz municipal Goretti Sanmartín, ademais de agradecer o labor do persoal sanitario e de profesionais que garanten os servizos e produtos básicos en Compostela nesta situación de alerta.
A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, reclámalle ao alcalde que convoque reunións coa veciñanza de San Ignacio de Loyola para explicar as medidas que se prevén adoptar neste barrio coñecido como “Banco do Pobre” co obxectivo de facilitar o consenso das propostas de actuación para a rehabilitación das vivendas en función das súas necesidades e posibilidades económicas.
A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, destacou os aspectos positivos e negativos do proxecto de Orzamentos municipais que seguen “un modelo continuísta, sen proxectos novos e sen apostar pola transformación do concello para a próxima década”. “Estes orzamentos inclúen as contas da leiteira, pois hai 2,7 millóns de euros que son previsións por venda de parcelas que figuran como ingresos”, destacou.
As concelleiras de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e de Educación, Noa Díaz, reuníronse hoxe con representantes da Plataforma Conservatorio de Danza en Compostela. Durante o encontro, tranmitíronlle o apoio do goberno local de Santiago á posta en marcha dun conservatorio profesional de danza na cidade.
A portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, cualificou de “continuísta” a proposta de Orzamentos do PSOE “polo que transcendeu na prensa”, posto que o BNG recibiu a documentación por parte da Alcaldía pasadas as 12:00 do mediodía e despois da súa aprobación na Xunta de Goberno. Estes Orzamentos serán aprobados a inicios de marzo, segundo anunciou o alcalde ante os medios de comunicación.
A portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, trasladará unha iniciativa ao Pleno para mellorar a mobilidade na contorna dos centros de ensino, co fin de incrementar a protección, a regulación do tráfico en horas punta e medidas para redución da velocidade, ademais de dotar de máis superficie o espazo reservado para o estacionamento de autobuses.
Reclama abrir un espazo web para facer seguimento dos asuntos aprobados no Pleno e a creación dun Consello de Participación, Igualdade e Transparencia
“O superávit que o alcalde quere parcialmente gastar para o Xacobeo non pode reducir o diñeiro que lle corresponde a obras para a mellora da calidade de vida da veciñanza; non se poden destinar maioritariamente ao turismo”, afirma a voceira do BNG
A portavoz do BNG presenta un estudo de setembro de 2017 que demostra a viabilidade da construción do aparcadoiro de xestión pública no campus sur
Un estudo revela que só o 6,5% do turismo asistiu a algún evento cultural e un 0,6% veu especificamente a Santiago para ir a algunha actividade cultural
Debe incluír a cesión do uso das instalacións deportivas para a veciñanza
Para o BNG deberan figurar na axenda política a construción do centro de saúde de Conxo e a negativa do Concello de Santiago ao anuncio por parte do Sergas de pechar 140 camas no CHUS e 7 dos 15 quirófanos durante o verán
A voceira da formación nacionalista afirma que o seu grupo votou en branco para facilitar a investidura e coñecer nos vindeiros meses as políticas de Bugallo
“Fican moitas vías de diálogo abertas e posibilidades de acordos puntuais, sempre sobre a base do noso programa e de conseguir que Santiago avance con políticas transformadoras e galeguizadoras”, afirma Goretti Sanmartín
La candidata a la alcaldía por el BNG consigue el mismo número de escaños en Raxoi pero aumenta su porcentaje de votos en más de dos puntos respecto al 2015
“Santiago ten que recuperar peso político e capacidade de diálogo con outras administracións porque é capital do país e iso ten custos económicos”, sinala
Abrirá co acto “40 anos de nacionalismo no Concello de Santiago” previsto para o sábado 11 de maio ás 12:00 no Centro Sociocultural do Ensanche
Defende abrir unha liña de subvencións municipais a proxectos culturais singulares e con valor social
Goretti Sanmartín participa nun debate electoral este venres en Políticas
O BNG duplicou os votos recibidos nas anteriores Eleccións Xerais de 2016