hortas

O acceso ás hortas municipais queda permitido dende este sábado

De acordo coa previsión para o levantamento das limitacións de ámbito nacional establecidas no estado de alarma polo Goberno de España, o Concello de Santiago de Compostela permite dende este sábado, 2 de maio de 2020, o acceso ás hortas urbanas municipais baixo certas medidas de seguridade.