instituto da Muller

A USC e o Instituto da Muller convocan a primeira edición do concurso Innovatia 8.3 ás mellores iniciativas empresariais de base tecnolóxica lideradas por mulleres

Poderán participar aquelas iniciativas empresariais ou empresas con presenza maioritaria de mulleres nos seus consellos de Dirección ou de Administración e que teñan contado co apoio de universidades españolas. O prazo de presentación de propostas acaba de abrir e estenderase ata o próximo 10 de setembro