Liñas Paralelas

Preséntase a colección "Liñas Paralelas", a segunda entrega dos libros da SELIC

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá en rolda de prensa a colección de contos Liñas Paralelas, que este ano pasa a engrosar o catálogo de publicacións editadas baixo o selo SELIC. Fíxoo na compaña do escritor, actor e tradutor Pepe Sendón, responsable da iniciativa de espallamento literario da que a colección toma o seu nome