Un magosto que estará acompañado pola música das Escolas Municipais de Música e Baile Tradicional de Brión
A cita ofrecerá a partir das 20,00 horas a típica degustación de castañas -para a que se contará coa colaboración un ano máis da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia- seguida da foliada típica deste festexo popular. E para isto último contarase con música de raíz co obxecto de crear o ambiente de festa rachada tan característico do Magosto.
A degustación de castañas -asadas ou como ingrediente principal en diferentes petiscos-comezará ás 20,00 horas, mentres que á actuación musical dará comezo a partir das 21,00 horas
Micoloxía, foliadas e magosto compoñen a axenda da asociación para as vindeiras semanas.
Os gañadores dos concursos de petiscos das sete cidades galegas competirán o 17 de xullo nunha Gala Show Cooking organizada por Turismo de Galicia en Compostela