Carvalho Calero foi autor de poesía, narrativa, teatro e ensaio. Formou parte do Seminario de Estudos Galegos e foi, ademais, o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela
Este documento propón orientacións útiles nas tarefas de goberno ou oposición, sexa cal for a área e responsabilidade, que permitan colocar a lingua como necesidade que é en toda a súa acción, segundo afirmou Marcos Maceira na presentación
O banco remitiu unha resposta na que instan á persoa a contestar en inglés, castelán, vasco ou catalán pero non en galego
O Partido Popular e o BNG recibiron esta mesma mañá a representantes da entidade, mentres que máis de 1200 persoas asinaron o manifesto a través da páxina web da entidade de defensa dos dereitos lingüísticos
O paciente interpuxo unha reclamación perante a Unidade de Atención ao Paciente do Hospital Álvaro Cunqueiro, exixindo a posta á súa disposición dun consentimento informado para a intervención cirúrxica no prazo de 20 días hábiles
A Liña do Galego rexistra varias queixas pola existencia de docentes que persisten na súa negativa a acreditar o seu coñecemento da lingua, tanto no ensino secundario como na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
A proposta de lei orgánica anunciada por Pablo Casado para prohibir que a lingua cooficial sexa un requisito indispensábel á hora de acceder a un emprego público supón, advirte Marcos Maceira, "prohibir ou limitar gravemente o noso dereito a usar o galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa"
Case a metade das reclamacións (o 46%) refírense á administración pública, destacando entre elas as dirixidas aos concellos (36%), ao Servizo Galego de Saúde (12%) e á propia Xunta de Galiza (33%)
Estes materiais para o uso escolar e familiar e o catálogo dispoñible na súa web completan a oferta de recursos para que a cativada galega poida gozar o Nadal na súa lingua
A entidade considera preocupante o feito de que tanto Santander como BBVA non traduzan a súa páxina web, xa que entre ambas as dúas suman o 40% das contas bancarias da Galicia. En cambio, Abanca, Banco Sabadell e Caixabank permiten empregar a lingua galega, tanto na súa web como nas aplicacións móbiles e nos caixeiros
Xa está dispoñible na web da entidade, que quere recoñecer así as empresas que empregan con normalidade o galego no ámbito socioeconómico
Marcos Maceira: “Como se poden prestar servizos á cidadanía sen coñecer a súa lingua?”
A entidade en defensa da lingua súmase ao apoios que as e os profesionais da televisión pública galega están a recibir de centos de entidades do ámbito social, cultural, político e sindical.
Para a asociación en defensa e promoción do galego é unha anomalía que o galego non teña presenza na televisión, nas salas de cinema en Galiza ou nas novas plataformas dixitais como Netflix cando noutras linguas como o euskera e o catalán si hai presenza
O manifesto vaise a presentar ao público mañá martes, 24 de xullo, ás 11:30 horas na libraría Couceiro
Segundo este colectivo, moitas e moitos colexiadas e colexiados veñen reivindicando desde hai moito tempo usar o galego nas actas, xa que aínda que redacten a acta en galego na vista final aparece en castelán, e só mantén as citas literais en galego