Nadal

O Comercio do Ensanche reparte este Nadal máis de 500 agasallos

Entre os premios hai tablets, descontos, moda e complementos, artigos de beleza e para mascotas e un vale de 1.000 euros en obras de arte para gastar nas galerías de Pasearte

Os espectáculos do Nadal do Gaiás arrancan cunha tarde de música e circo

A música e o circo foron os grandes protagonistas este sábado na Cidade da Cultura co espectáculo Orquestra de malabares, un proxecto da banda Unión Musical de Meaño e a compañía galega de novo circo Pistacatro. 

Noia acenderá o seu alumeado de Nadal hoxe ás 19:00 horas

Mariola López agarda que o novo alumeado e a nova decoración, na que colaboraron os nenos e nenas dos catro colexios do municipio, sexa un atractivo para fomentar a actividade comercial e hostaleira

Un Nadal cheo de actividades

 O calendario inclúe numerosas propostas para todos os públicos, con especial atención ás actividades para os máis pequenos

Santiago xa respira a maxia do Nadal

Neste Nadal ilumináronse 170 ubicacións, entre rúas, prazas, fachadas e outros elementos, instalando máis de 600 elementos, entre arcos, farois, árbores...

Ames prepara unha programación con máis de 100 actividades durante este Nadal

Trátase dunha programación organizada de xeito transversal entre diversos departamentos municipais que ten como obxectivo ter un Nadal de rúa

O Nadal comeza en Santiago o vindeiro 5 de decembro

Na tarde-noite do xoves 5 de decembro se inaugurará o Mercado de Nadal de Carreira do Conde, polo que irán rotando diferentes propostas ao longo das semana

Brión volve a recoller alimentos para a súa campaña de Nadal

A colaboración da veciñanza, o tecido empresarial e as organizacións, unidas ás achegas periódicas do programa europeo de axuda alimentaria, permitiron atender as necesidades dunhas 100 familias

Aberto o plazo de inscrición para o Halloween Camp e o programa Xuntos polo Nadal en Ordes

Ata o próximo 28 de outubro permanecerá aberto o prazo de inscrición do Halloween Camp, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.Por outra banda, grazas a Xuntos polo Nadal as persoas maiores poderán desfrutar dende o 23 de decembro ata o 7 de xaneiro das festas nas residencias do Carballiño, Lugo e Nigrán


Santiago acenderá as súas luces de Nadal en vésperas do 6 de decembro

Sánchez Bugallo explicou que a tardanza na elección da empresa encargada do alumeado de Nadal deste ano obedece á tardanza con que se aprobaron os orzamentos

Entréganse os premios do XIIII Concurso de Escaparates de Nadal 2018

No total, participaron no XIII Concurso de Escaparates de Nadal 46 comercios (23 en Bertamiráns e 23 no Milladoiro)

Éxito de participación nas actividades programadas polo Concello neste Nadal

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, fixo onte un balance da afluencia ás actividades programadas polo Concello durante este Nadal

As actividades culturais e deportivas centran a programación de Nadal de Boqueixón

Camporrapado acollerá este sábado unha actuación de Manoele de Felisa, cuxas entradas se deberán retirar no propio Concello

O 061 de Galicia pide precaución aos conductores e aos peóns ante o aumento de desprazamentos nas festividades do Nadal

Durante as festividades de 2017, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 362 chamadas por accidentes de tráfico que xeraron 288 procesos asistenciais. Atendeuse a 387 persoas, tres das cales faleceron no lugar do sinistro

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal celebra o Nadal

Ofrece varias actividades para os máis pequenos e pequenas dentro da súa programación de decembro e xaneiro

Oroso celebra o seu tradicional Mercado de Nadal

O mercado de artesanía de Nadal arrinca este fin de semana

Papá Noel e o paxe dos Reis Magos visitarán o Ensanche de Compostela este Nadal

Santiago Centro organiza talleres de construción con Lego e artísticos para favorecer que os pais poidan facer as súas compras de Nadal

Os integrantes da asociación Arcea–Adames adornan as árbores de Nadal das Casa da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro

As caixas de agasallos, que están colocados ao pé da árbore, e mailas tarxetas con desexos para o novo ano, foron elaboradas polos membros de Arcea-Adames

Andaina de Nadal organizada pola Plataforma de afectados polo vertedoiro de Santiago de Compostela - Miramontes

Contou coa presenza de representantes políticos coma Xoán Bascuas, Paco Reyes e o alcalde Martiño Noriega que acompañaron aos veciños e veciñas na marcha

O comercio do Ensanche reparte este Nadal mási de 650 agasallos a través dos boletos con premio directo

Tamén Papá Noel, o Carteiro Real e o Paxe dos Reis Magos visitarán a zona moderna compostelá