obradoiros

Novos obradoiro para mulleres do rural

"Desveladas" é o título do novo ciclo de obradoiros para mulleres do rural, que dá continuidade ao exitoso programa de igualdade que dende o 2016 se vén desenvolvendo nos centros socioculturais das parroquias de Compostela. Os talleres realizaranse o longo dos meses de febreiro, marzo e abril en Lavacolla, Figueiras, Laraño, Marantes, Busto, Aríns, Marrozos, A Barciela, Cesar e Lamascal. Estas tres últimas parroquias incorpóranse nesta edición.

Concedida a subvención para a posta en marcha do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó-Río Samo II

Levarase a cabo entre os concellos de Ordes, Frades e Mesía. En total formarán parte del 20 alumnos e alumnas que se repartirán entre dúas especialidades orientadas á conservación e mellora de montes e repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. O investimento total supera os 400.000 euros

As aulas de informática de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán obradoiros de competencias dixitais para mulleres

A asociación Otro Tiempo achegará a Ames a realización duns obradoiros de competencias dixitais para mulleres, que se desenvolverán en Bertamiráns, do 30 de setembro ao 10 de outubro, e no Milladoiro, do 21 ao 31 de outubro

Obradoiros de poesía e de luces e sombras na Escola Infantil de Lestedo

No día de hoxe están a desenvolver varios obradoiros para os nenos e nenas da escola

Galicia abre as portas aos visitantes de FITUR con catas comentadas, obradoiros de xoiería e cultura galega

Nas xornadas para o público xeral da feira internacional de turismo que se celebra en Madrid, o expositor galego ofrecerá como novidade este ano información específica dos cascos históricos e de turismo de mergullo, entre outros

Hoxe botan a andar os obradoiros de empoderamento feminista e novas masculinidades no IES de Bertamiráns

Destinado ao alumnado adolescente do centro, o obxectivo é traballar con eles a conciencia de xénero mediante dinámicas participativas e teatrais

Un obradoiro de fotografía e outro de rodaxe no novo Espazo Xuvenil de Ribeira

Estas accións levaranse a cabo durante o mes de novembro

Lo más