obras

Apróbase o expediente de licitación das obras de ampliación da rede de saneamento no lugar de Castelo

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 7 de febreiro o expediente de licitación do proxecto que recolle as obras de saneamento no lugar de Castelo, pertencente á parroquia de Ames, e que conta cun orzamento base de licitación de 33.192,78 euros. Este proxecto foi aprobado previamente, por unanimidade, no pleno ordinario do pasado mes de xaneiro. Esta actuación sufrágase cunha partida de fondos vinculada ao Ciclo integral da auga. 

Adxudicada a obra de reurbanización da rúa Clara Campoamor

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á adxudicación da devandita obra, segundo anunciou o rexedor compostelán na rolda de prensa posterior á sesión ordinaria, onde tamén deu conta dos restantes acordos adoptados.

Frades saca a licitación por máis de 100.000 euros as obras de reparación da piscina municipal

Os traballos teñen un prazo de execución de 6 meses e as empresas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o 2 de marzo

O Consorcio licita o servizo de mantemento e reparación dos pavimentos da cidade histórica

O Consorcio de Santiago acaba de licitar o servizo de mantemento e reparación dos pavimentos do recinto intramuros da cidade histórica para os vindeiros doces meses por un importe global de 187.095 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 9 de marzo para presentar as súas propostas.

O Concello de Brión completa o tramo de beirarrúas pendente no Paseo de Pedrouzos

Pablo Lago explica que se trata “dun tramo de apenas 100 metros pero tamén dunha obra moi reclamada polos pais e nais de Brión”

Asínase o contrato para a execución das obras de pavimentación do camiño que vai dende O Mercuto ata A Folgueira

O alcalde de Ames, José Miñones, e o representante da empresa Construcciones J. Mauri e Hijos SL, veñen de asinar o contrato para a execución das obras de pavimentación do camiño que une O Mercuto e A Folgueira (A Ameixenda). Estas obras están incluídas dentro do plan provincial POS+2019, por un importe de 29.662,90 euros. Previamente, dito proxecto foi adxudicado na Xunta de Goberno Local.

Lousame inviste 70.000 euros nas obras de pavimentación do viario que une Servia coa estrada Padrón-Portobravo

Os traballos iniciáronse esta semana coa execución de 130 metros de cuneta de seguridade con colectores de recollida de augas pluviais

A escalinata da Catedral podería estar dispoñible para xullo deste mesmo ano

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, visitaron este xoves as obras de restauración da escalinata e da cripta da Catedral

Arrancan as obras nas rúas Pérez Galdós e Escorial en Ribeira

Trátase de obras de pavimentación e renovación de servizos das céntricas rúas Pérez Galdós e Escorial, ambas situadas na cidade de Santa Uxía xunto á praza consistorial.

Os edificios de vivendas de San Ignacio de Loyola incorporarán ascensor e poderán acceder a axudas para a rehabilitación

A Xunta de Goberno aprobou este martes o estudo de detalle do ámbito das vivendas de San Ignacio de Loyola. Este documento resolve a accesibilidade destes dous edificios de vivendas, mediante a instalación de ascensores e tamén supón a mellora da envolvente dos mesmos. Ademais, grazas a unha ordenanza agora en preparación, a veciñanza poderá acceder a unha convocatoria de axudas para a rehabilitación das súas vivendas

Corte de tráfico na rúa da Ponte Vella

Os turismos poderán circular pola urbanización, que na actualidade ten a circulación nun só sentido, pero que polas obras se converte nunha rúa de dobre dirección

O Consorcio de Santiago vai realizar obras na igrexa de San Frutuoso

No marco do programa de restauración de monumentos do Consorcio de Santiago, o organismo interadministrativo acaba de sacar a concurso as obras de mantemento da igrexa de San Frutuoso, por un importe global de 117.524 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 26 de novembro para presentar as súas propostas. Prevese que a intervención estea rematada nun período de catro meses.

O Concello de Brión adxudica por máis de 180.000 euros a mellora do alumeado público nas parroquias de Os Ánxeles e Brión


As actuacións permitirán optimizar o consumo enerxético mediante a substitución das 173 luminarias actuais por outras de tecnoloxía LED, que permitirán un aforro de case 100.000 kWh/ano


Traballos de limpeza de cunetas e rexistros de pluviais en Noia

O Concello de Noia está acometendo esta semana traballos de limpeza de cunetas e rexistros de pluviais ao longo do paseo marítimo

O Concello de Noia repara varios tramos de beirarrúas na parroquia de Barro

O Concello de Noia está acometendo nestes días pequenas actuacións de mellora nas beirarrúas da parroquia de Barro

Cortes de tráfico en diferentes puntos da cidade

Os cortes produciránse por mor de distintas obras

Continúa a renovación do saneamento e abastecemento na Gándara

O grupo de goberno do Concello de Oroso continúa co seu proxecto para renovar a rede de saneamento e abastecemento municipal

Noia inviste case 40.000 euros para mellorar a casa consistorial

O Concello de Noia vén de iniciar as obras de mellora do alumeado e mobiliario do inmoble da casa consistorial, un proxecto que conta co ditame favorable da Comisión de Seguimento do Plan Especial de Reforma Interior e Conservación Artística do Casco Histórico (PEPRICH) de Noia. As obras teñen un prazo de execución de dous meses e un orzamento de 39.892,9 euros, dos que 27.928,08 euros correspóndense cunha achega da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Galicia

Aberto o procedemento de adxudicación das obras da rúa de Clara Campoamor

A Xunta de Goberno Local, nunha sesión extraordinaria, aprobou este martes o inicio do procedemento de contratación das obras de reurbanización da rúa de Clara Campoamor. O importe de licitación é de 1.563.864,94 euros (IVE incluído) e o prazo de execución de cinco meses. Esta obra está incluída no programa Edusi, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020

Adxudícanse as obras de pavimentación para a mellora do viario de acceso ao polígono do Milladoiro


A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar as obras de pavimentación para a mellora do viario de acceso ao polígono do Milladoiro dende a estrada Ventín-Coira. Estes traballos foron adxudicados á empresa Excavaciones Pose SL, por un importe de 59.895 euros