olimpiadas

Educación convoca as Olimpíadas de FP, GaliciaSkills 2020

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de convocar  o 6º Campionato Galego de Formación Profesional Galiciaskills 2020, a olimpíada autonómica de Formación Profesional da que sairán os representantes galegos nas Spainskills 2021. O obxectivo deste campionato é darlle unha maior proxección e difusión á FP que se imparte na nosa Comunidade Autónoma. Galiciaskills 2020 celebrarase en Silleda, no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, no mes de novembro de 2020.