peatonalización

Raxoi estuda unha peatonalización blanda para Xeneral Pardiñas

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo reuniuse co presidente e co secretario do Padrodado de Fundación Santiago Centro, José Mª Fernández e Delmiro Prieto. No encontro tamén participou a concelleira de Urbanismo Mercedes Rosón. Entre os asuntos tratados figurou o proxecto Peleteiro, "un tema fundamental para a cidade", segundo o rexedor, que cre necesario desenvolver coa maior rapidez posible. "Gustaríanos, a partir do mes de abril, tomar decisións e poder iniciar ou reiniciar a tramitación dese proxecto", engadiu.