Políticas Sociais

Concello e Deputación estudan vías de colaboración en materia de políticas sociais

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, reuniuse coa deputada provincial Ánxela Franco para analizar as diferentes liñas nas que se pode colaborar entre as dúas institucións nun futuro e así integralas dentro do Plan de Acción da Deputación

Comeza unha rolda de xuntanzas no rural para presentar os Servizos Sociais Comunitarios do Concello

O obxectivo destas reunións é achegar os Servizos Sociais á veciñanza do rural, para garantir que todas as persoas poidan acceder en igualdade de condicións aos programas e prestacións que se están xestionando en materia social desde o Concello