reactivación

Santiago aporta 5 millóns á súa reactivación económica e aprobará outros dous planes para cultura e turismo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo presentou hoxe o Plan Marco de Reactivación Económica Compostela 2020, para paliar os efectos da crise sanitaria global provocada pola COVID19". Conta cunha previsión económica inicial de 5.001.439,69 euros, e contempla 23 medidas de estímulo de crecemento e fomento da competitividade da economía local dirixidas á industria e demais sectores produtivos, ao comercio, a hostalería e ao emprego. Trátase dun plan deseñado para favorecer a dinamización económica do municipio unha vez remate o periodo de confinamento, que incide, sobre todo, nos colectivos especialmente castigados por esta crise sanitaria, socioeconómica e laboral: persoas autónomas, PEMES e a poboación desempregada. 

Lo más