reforestación

30 veciños/as participaron na terceira fase do plan municipal de prevención de incendios forestais

O alcalde de Ames, José Miñones, e mailo concelleiro do Medio Rural, Manuel Lens, acompañados das técnicas do departamento de Medio Ambiente, visitaron os ámbitos dos Batáns e de Ventosa, onde se actuou no período 2018- 2019 a través do plan municipal de prevención de incendios forestais. Na terceira fase de dito plan actuouse en 34 fincas de 30 propietarios/as. Plantáronse 514 árbores (238 castiñeiros, 58 carballos, 9 freixos, 23 abeleiras, 41 cerdeiras, 27 pradairos, 97 bidueiros, 12 ameneiros e 9 noceiras) nunha superficie de 34.442 metros cadrados. Está previsto que a vindeira semana se presente a cuarta fase deste plan

Lo más