Un ano máis o Concello de Ames colabora co programa Vacacións en Paz, que leva a cabo a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, a través do cal as familias do municipio acollen durante os meses de xullo e agosto nenos e nenas saharauís
A concelleira de Benestar social, Luísa Feijóo, explica que “estes nenos/as xa están coas súas familias de acollida. Chegaron cansos da viaxe, pero moi ledos porque volven a Ames para pasar a época de verán”