san frutuoso

O Consorcio de Santiago vai realizar obras na igrexa de San Frutuoso

No marco do programa de restauración de monumentos do Consorcio de Santiago, o organismo interadministrativo acaba de sacar a concurso as obras de mantemento da igrexa de San Frutuoso, por un importe global de 117.524 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 26 de novembro para presentar as súas propostas. Prevese que a intervención estea rematada nun período de catro meses.

Lo más