sanabria

O número de alumnos que estudan galego no Bierzo e Sanabria aumenta por terceiro ano consecutivo

O número de alumnos do Bierzo e Sanabria que estudan galego ven de incrementarse por terceiro ano consecutivo. Concretamente, 34 alumnos incorporáronse no ano académico en curso ao Programa de promoción da lingua galega no Bierzo e en Sanabria. Deste xeito, son 1146 fronte aos 1112 do curso anterior, os estudantes que seguen estudos de galego nos territorios limítrofes das comunidades galegas e castelá-leonesa. Así o constataron os responsables dos dous gobernos na reunión anual de seguimento do protocolo de colaboración no que se enmarca o devandito programa. 

Lo más