O exalcalde do goberno que impulsou a demanda critica que se "cambia a argumentación" para dicir que "non está demostrado" que sexan as mesmas pezas.
Os cortes produciránse por mor de distintas obras
Un mes máis a Plataforma de Pensionistas de Compostela se reúne no Obradoiro para defender o sistema de pensións
Os concelleiros de Mobilidade, Gonzalo Muíños, e de Deportes, Esther Pedrosa, inauguraron este sábado a terceira etapa da 7ª Marcha Ciclista Unificada para persoas con e sen discapacidade de Special Olympics Galicia. No acto tamén estaban presentes a concelleira de Economía, Marta Abal; e os edís do PP María Castelao e Beatriz Cigarrán; de Compostela Aberta, Rafa Peña; e Goretti Sanmartín, portavoz do BNG
Tras sete días de ruta, o grupo liderado polos americanos Justin Skeesuck e Patrick Gray, creadores da Fundación, rematou a primeira edición deste percorrido polo Camiño de Santiago, organizado en colaboración coas axencias especializadas CaminoWays e Travel-For-All
Durante este encontro ao que asistiron Alejandro Sánchez Brunete, Rosa Quintana, Marta González, Paula Prado e Evaristo Ben, o responsable do PP santiagués deu conta das liñas principais que está levando a cabo desde que hai quince días tomara o mando da agrupación
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este venres coa xefa provincial de Tráfico da Coruña, Victoria Gómez Dobarro. Na xuntanza tamén participaron o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, integrantes da Xefatura e responsables da Policía Local de Santiago
Este sábado haberá distintos cortes de tráfico ao longo do percorrido da carreira
Tras participar esta semana en Portugal na presentación dun informe do Eixo Atlántico sobre captación de investimentos para os concellos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, puxo como exemplo os municipios do norte de Portugal de modelos exitosos de industrialización e de captación de empresas
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recoñeceu que existe un "achegamento importante" do goberno local e CA
Nel determínanse as actuacións previstas na área sanitaria de Santiago para garantir a axeitada organización de medios para a atención asistencial á súa poboación durante a época da gripe
A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, presentou unha moción que defenderá no vindeiro Pleno para que o Concello de Santiago controle a expansión de xogos de apostas que afectan á economía e poden causar ludopatía, pola cantidade de xente nova que cae nesta adicción pola proliferación da publicidade das casas de apostas.
La Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana un concierto bajo el título “Una noche de zarzuela”, en el que hará un repaso por las grandes obras del género, en colaboración con la Asociación Amigos de la Ópera de Santiago de Compostela. Será el jueves, 3 de octubre, en el Auditorio de Galicia, a partir de las 20:30 horas. La batuta la llevará el maestro jienense Manuel Coves
O Times Higher Education (THE) sitúa á universidade compostelá no intervalo 301-400
A Facultade acolle este martes a feira ‘Ponte no meu Lugar’ na que persoas con este trastorno dan a coñecer o seu xeito de percibir o mundo
Un novo ciclo de Obradoiros da risa dará comezo a vindeira semana nos centros socioculturais do rural. Desenvolveranse durante os meses de outubro e novembro en once parroquias de Compostela, creando un espazo de encontro e de diversión no que descubrir os beneficios da risa na saúde dende unha perspectiva de xénero. A participación é de balde
A Xunta de Goberno Local, nunha sesión extraordinaria, aprobou este martes o inicio do procedemento de contratación das obras de reurbanización da rúa de Clara Campoamor. O importe de licitación é de 1.563.864,94 euros (IVE incluído) e o prazo de execución de cinco meses. Esta obra está incluída no programa Edusi, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020
Banda Municipal de Música inicia o seu Ciclo de Outono este vindeiro domingo, 6 de outubro. Durante o último trimestre do ano, baixo o título "En tempo cos ventos", a formación ofrecerá ata 15 concertos, nos que sumará novas colaboracións, actuacións didácticas, galas líricas ou a habitual participación en Cineuropa
As temperaturas oscilarán entre os 15 e os 21 graos