socialistas

Os socialistas esixen ao alcalde de O Pino que informe aos veciños das limpezas obrigatorias das fincas

Denuncian que non está a informar á veciñanza da obriga de manter limpas as fincas que ameazan vivendas e edificios, nin que tampouco, o ente local, está a executar de forma subsidiaria ditos traballos para evitar os incendios forestais

Os socialistas denuncian a "puntuación obxectiva" da Red Madre para obter un local público en Pontevedra

O apartado no que se concede unha maior puntuación é “a relevancia social do proxecto a desenvolver”; polo que o PSdeG demanda coñecer en que consiste o plantexamento explicitado por Red Madre

Leiceaga tilda as políticas de Feijóo como "o mellor anticonceptivo" para Galicia

Leiceaga reduce a Lei de impulso Demográfico a “mera declaración de intencións” e presenta 7 propostas alternativas para superar a “retórica” de Feijóo

Leiceaga alerta da "parada técnica" da Xunta de Galicia

Xoaquín Fernández Leiceaga alerta dun goberno “ao tran tran” e “agardando polas eleccións e darlle paso a un goberno de cambio”

Miñones presenta unha lista coa que pretende revalidar o seu triunfo en Ames

O candidato socialista, José Miñones, fixo un pequeno balance do actual mandato do que dixo sentirse orgulloso e afirmou que “temos que saír a explicalo e a defendelo coa cabeza moi alta e satisfeitos polos logros acadados”

Os socialistas piden ao PP que entregue un informe completo con "datos concretos" sobre a polémica dos contratos

Así o manifestou onte o voceiro socialista, Paco Reyes, que aproveitou a oportunidade para facer unha serie de "reflexións" sobre esta cuestión

Os socialistas de Ames inaugura o seu novo local no Milladoiro

Blas García, amosou a súa satisfacción pola apertura deste novo espazo “que vai a servir para seguir estando a pé de rúa e máis próximos aos veciños e veciñas”

Os socialistas de Ordes pídenlle ao Concello que instale alumeado público no aparcadoiro da rúa Compostela

“Temos recibido numerosas queixas de persoas que aparcan neste estacionamento pola inexistencia de alumeado no lugar, o que provoca que pola noite teñan que alumear cos seus móbiles para ir e volver aos seus vehículos”

Os socialistas lamentan o veto do PP á comparecencia do Conselleiro de Sanidade para dar conta dos falecidos en urxencias denunciados polos médicos

Xoaquín Fernández Leiceaga preguntaralle a Feijóo pola xestión da política sanitaria por parte do goberno galego

Vanesa Boo, secretaria xeral dos Socialsitas de Oroso: “A mentira e a ineptitude do señor Doval son os seus únicos méritos”

A Secretaria Xeral denuncia a “costume fatigosa” do voceiro popular de difundir mentiras sobre as actuacións previstas no municipio co único obxectivo de “coleccionar titulares de prensa”

Para os socialistas os orzamentos do 2019 da Xunta son "unha oportunidade perdida para a comarca de Compostela"

O PSdeG lamenta que "o goberno galego non traslade á cidadanía con novos investimentos os rendementos da recuperación económica"

Os socialistas propoñen no Parlamento afastar a xestión de residuos dos núcleos habitados

A medida afectaría a casos como o da canteira de Casalonga, en Teo, ou do vertedoiro de Miramontes, en Compostela.

O PSdeG presenta as emendas aos orzamentos da Xunta para 2019 en relación a Santiago

Os voceiros do PSdeG no Parlamento e no Concello presentaron as emendas dos socialistas aos orzamentos da Xunta para Santiago, que elevarían a 43 millóns de euros a partida destinada á cidade.

Os socialistas piden a Feijóo a "expulsión" do alcalde de Vilanova

Fernández Leiceaga advertiu que “quedan apenas 24 horas para que comece o Debate do Estado da Autonomía”, ao que Feijóo “non pode ir sen que isto se resolva"

Os socialistas piden a comparecencia do conselleiro de sanidade ante o caso Povisa

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusa ao goberno galego de situar a prioridade da atención sanitaria "lonxe dos pacientes"

Os socialistas urxen á Xunta un calendario de aplicación en Galicia do acordo para a mellora do emprego público

Díaz Villoslada reclamoulle hoxe ao goberno galego que aplique no ano 2018 a recuperación do cen por cen das retribucións que foran reducidas aos traballadores públicos

Os socialistas alertan da "sabotaxe" da Xunta ao plan estatal de vivenda en alugueiro

Pierres explicou que a Xunta endureceu as condicións reducindo en 100 euros o límite máximo de renda para poder optar ás axudas

Cren que a Xunta "avisa" a concellos amigos nas subvencións en melloras de infraestruturas

Begoña Rodríguez Rumbo reclama un informe de fiscalización ao Consello de Contas logo de que as axudas duraran 12 minutos por esgotarse o crédito

Os socialistas de Ames celebran este sábado a terceira edición do seu xantar coa presenza de Gonzalo Caballero

Explica García que esta terceira edición trasládase á parroquia de Ames porque cando se comezou coa organización desta celebración se acordou facela itinerante por todas as parroquias de Ames

Os socialistas desminten o anuncio de Feijóo no que anunciaba 20 pediatras novos para Galicia

Julio Torrado critica que o presidente da Xunta “non ten idea de como funciona o sistema” ao anunciar “os MIR novos que xa temos cada ano”