transplante abdominal

O equipo que integra a Unidade de Transplante Abdominal de Santiago realizou esta madrugada o transplante hepático número 1.000

Este fito conséguese 24 anos despois da posta en marcha da unidade, que realizou o primeiro transplante un 22 de xullo de 1994. É a única unidade multidisciplinar de España e presenta uns índices de supervivencia superiores á media estatal