universidade

Unha tese en Física da USC profunda na comprensión dos materiais supercondutores

Cualificada sobresaliente cum laude, na dirección colaborou o premio Nobel de Física 2003 A. J. Leggett, quen dirixiu persoalmente o período nos Estados Unidos desta tese con mención internacional


A máis importante asociación internacional de psicoxeriatría celebra o seu congreso anual en Santiago

Trátase da International Psychogeriatric Association e reunirase en Compostela do 31 de agosto ao 3 de setembro

O prazo de presentación de propostas para o Certame de Fotografía Ruth Matilda rematará o 10 de setembro

sta é unha convocatoria aberta a toda a comunidade universitaria e ex alumnado da USC, cuxo prazo de presentación permanecerá aberto ata o 10 de setembro de 2019

O Laboratorio de Radon da USC, segundo laboratorio acreditado por ENAC para a medición de radon interior

A acreditación supón que o Laboratorio da USC reúne os criterios de calidade máis importantes en canto a medición de radon se refire, tanto que o Consello de Seguridade Nuclear recomenda que todos os laboratorios de radon deben estar acreditados para prestar servizos ao público

O Grupo de Compostela de Universidades coordina un proxecto de mobilidade Galeuropa para realizar prácticas

O prazo para a presentación de candidaturas remata o 9 de agosto e as persoas interesadas poden atopar máis información na web de GCU

A USC contará cun grao de Innovación Gastronómica e Xestión Hoteleira no curso 2021/22

O secretario xeral de Universidades mantivo unha xuntanza de traballo cos vicerreitores de titulacións das tres universidades para abordar a actualización do mapa de titulacións aprobado no ano 2017

A USC avanza no desenvolvemento do Plan Plurianual de PDI para o período 2019-2022

O Consello de Goberno aprobou a asignación de 30 prazas de cátedras por áreas de coñecemento

Unha investigación desenvolvida na USC analiza o tratamento da crise económica nos medios de comunicación

O xornalista coruñés Raul Rios estuda na súa tese, dirixida por López Iglesias e Álvarez Pousa, a actuación dos medios de comunicación ante as políticas de austeridade

Unha tese do IGFAE, “Mellor tese en Física de Partículas Experimental”

Este recoñecemento, entregado no marco da XXXVII Reunión Bienal da RSEF, distingue aos traballos máis sobresalientes defendidos nas universidades españolas durante o 2018

Vinte de cada cen estudantes de sexto curso de Primaria teñen unha competencia dixital baixa

Un equipo da USC realiza unha investigación que busca “identificar, avaliar e comprender a competencia dixital ao rematar a etapa do ensino primario, así como comprender a influencia desta aprendizaxe nos procesos de inclusión social”

A revista Obradoiro de Historia Moderna obtén o Selo de Calidade FECYT

OHM. Obradoiro de Historia Moderna é unha revista anual fundada en 1992, actualmente dirixida polo profesor Isidro Dubert

Ramón Villares publica en francés a súa Historia de Galicia nunha edición revisada e adaptada

O novo volume presenta un relato con vocación europea e incorpora monografías das principais cidades galegas, desde o Lugo romano ata Bos Aires, capital da emigración

A USC participa na creación do proxecto "Universidades sem fronteiras"

Participan as seis universidades públicas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais

Filoloxía edita o volume "Alfonso X y otras escrituras del trovar"

Trátase dun volume en homenaxe ao profesor Juan Paredes Núñez

Describen un novo mecanismo que facilita a metástase no cancro de mama

O equipo de investigación describe os mecanismos e os factores implicados nesta transformación dos macrófagos, abrindo a posibilidade de busca de novos tratamentos en tumores de mama con elevada presenza da proteína POU1F1

A Asociación Europea de Psicoloxía e Dereito celebra en Galicia o seu congreso anual por vez primeira

Menores, violencia de xénero, saúde psicolóxica ou comportamento criminal entre os temas que se abordarán ata o sábado 20 na Facultade de Psicoloxía da USC

A nota de corte máis alta para acceder a Universidade é de 13,552

Hoxe, mércores 17 de xullo, abre o prazo para inscribirse nos graos galegos.

Emprendia acolle a primeira xuntanza do proxecto SPIN_UP

Permitirá mellorar o ecosistema de innovación e transferencia que xa posúen as universidades, achegándoo e facendo mais visible aos sectores empresariais

Un obradoiro analiza os últimos avances na utilización de nanopartículas magnéticas para o tratamento do cancro

O evento desenvólvese na Facultade de Óptica baixo o lema ‘Nanopartículas magnéticas para hipertermia: retos e oportunidades’ e coa participación de investigadores de distintos países

A USC e Boehringer Ingelheim impartirán en outubro o curso especializado en EPOC dirixido a enfermaría

O curso permite desenvolver coñecementos e habilidades entre o colectivo da enfermaría que contribúan a unha mellora da calidade de vida do paciente e a unha xestión máis eficiente dos procesos relacionados con esta patoloxía tan prevalecente e complexa