Vacacións en paz

Aberto o prazo para solicitar a participación no programa “Vacacións en paz 2019”

As familias de Brión que desexen participar deben solicitalo antes do 23 de novembro

A Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí recada fondos no mercadillo de Bertamiráns

Do mesmo xeito, o posto tamén serviu como punto de información sobre o programa Vacacións en Paz, para o que se están buscando familias interesadas en acoller nenos e nenas durante o verán do próximo ano

Os nenos e nenas saharauís gozaron da praia, a piscina e as festas no seu primeiro mes en Ames

Nesta edición son 7 familias amesás as que acollen a 4 nenos e 3 nenas ata o vindeiro 6 de setembro

Unha nena saharaui pasa o verán en Ribeira dentro do programa Vacacións en Paz

O alcalde Manuel Ruiz recibiu onte no seu despacho a Chaima Mohamed Aabeidu

O Concello de Ames busca familias de acollida para o programa Vacacións en Paz 2019

Nesta ocasión comézase xa coa promoción de dita campaña porque cinco dos sete nenos/as que son acollidos/as por familias amesás rematan o seu ciclo e de cara ao vindeiro ano xa non poderán participar neste programa

O alcalde recibe os nenos e nenas saharauís do programa Vacacións en Paz

Un ano máis, familias compostelás proporciónanlle unhas mellores vacacións a varios nenos e nenas entre 7 e 12 anos procedentes dos campamentos de refuxiados saharauís