Verán Concello de Ames

A programación de verán de Ames inclúe o VIII Millarock, as Noites en Vela e concertos de Treixadura e Xoán Curiel

O Concello de Ames vén de facer pública a programación cultural para o verán deste 2018, que inclúe unha Foliada con Apego; a representación do musical Peter!... Voamos!; un concerto do grupo Treixadura; o espectáculo Cigani, de Pista catro produtora de soños; a actuación de A Banda da Loba nas Noites en Vela; e maila oitava edición do festival Millarock