Vero Boquete Summer Camp

"Vero Boquete Summer Camp 2018", moito máis que un simple campus

"Sempre dixen que non encontro mellor maneira de educar que mediante o xogo e o deporte. E sei que, como sempre, os participantes daranme máis a min do que eu lles darei a eles". Sobre estas palabras da futbolista compostelá susténtase á terceira edición do Summer Camp 2018 que organiza a Escola Vero Boquete, unha nova iniciativa dunha das mellores deportistas españolas que entre o 25 e 29 deste mes reúne en Porto do Son a mozos e mozas entre os 6 e 18 anos