Victoria FC

Gran triundo Victoria FC ante o líder

Excepcional triunfo do Victoria FC este domingo no Municipal de Santa Isabel de Santiago fronte ó líder da 1.ª Nacional Femenina, o Viajes Interrías de Portonovo (2-0).

O Victoria FC volve ao traballo tralo parón

Tras dúas semanas de parón, regresa a competición na 1.ª Nacional Femenina cun duelo de máxima emoción e intensidade na zona alta entre o Viajes Interrías Fútbol Femenino -líder con  42 puntos- e o Victoria FC -terceiro na táboa con 34-.

​O Victoria FC arañou un empate na súa visita ó CD Oceja

O Victoria FC arañou un empate da súa visita ó CD Oceja (2-2) que lle permite manterse na terceira posición da clasificación na 1.ª Nacional Femenina ó aproveitar a derrota do Deportivo B ante o Oviedo Moderno B (agora cuarto) por 3-1 nunha xornada no que tamén cedeu puntos ó líder Viajes Interrías ante o Sporting B (2-2).

O Victoria FC quere manter as boas sensación na xornada 18

Empatado na terceira posición da táboa co Dépor B -ambos con 33 puntos e idénticas estatísticas en canto a triunfos (10), empates (3) e derrotas (4) así coma en goles a favor (39) e en contra (16)- o Victoria FC afronta a  18.ª xornada de Liga en 1.ª Nacional Femenina co obxectivo de manter as boas sensacións do último encontro na casa ante o Sardoma (3-1) e non perder a ocasión, se o conxunto herculino cae na visita ó Oviedo Moderno B (5.º clasificado) de volver por distancia co cadro coruñés.

O Victoria FC faise forte na casa

Importante triunfo do Victoria FC por 3-1 fronte ó Sardoma nun encontro que non só permitiu ó cadro 'rojillo' adicar a súa primeira victoria na casa no 2020 a súa afección, senon tamén recuperar ó terceiro posto na táboa da 1.ª Nacional Femenina ó aproveitar ó empate entre o Dépor B e o líder Viajes Interrías Fútbol Femenino (3-3)

O Victoria FC regresa a casa este domingo

O Victoria  FC dá 1.ª Nacional FemEnina regresa  á  súa casa para recibir este domingo,  ás 12.00 horas,  ó  Sardoma CF no encontro que corresponde  á 17.ª  xornada de Liga.

O Victoria FC salvou un punto na súa visita ó Valladares

O Victoria FC salvou un punto na súa visita ó Valladares CD, un rival directo na pelexa polos postos altos da táboa que amosou ó seu bo momento de forma cunha xeira de cinco triunfos nos seus últimos sete encontros.

O Victoria FC visita a un dos equipos máis en forma, o Valladares

O Victoria FC afronta este domingo (12.30 horas) o seu segundo partido consecutivo a domicilio nun importante encontro que o medirá ó CD Valladares, un dos conxuntos máis en forma da 1.ª Nacional Femenina

Primeiro triunfo do Victoria FC neste 2020

Con este triunfo o Victoria FC permanece na cuarta praza a dous puntos do Deportivo B, terceiro con 31, e a catro xa do Oviedo B e do Valladares, quinto e sexto respectivamente

O Victoria FC afronta o primeiro desprazamento do ano

O Victoria FC afronta o primeiro desprazamento do ano co ánimo de olvidar a dura derrota da pasada xornada na casa fronte ó Sporting B (1-2).

Unha volta dura para o Victoria FC

O próximo fin de semana visita ó Racing Féminas B, 11º con 12 puntos

O Victoria FC comeza a segunda volta en Santa Isabel

O Victoria FC de Santiago regresa á competición tralo parón recibindo ao Sporting de Gijón B nun encontro que supón tamén o inicio da segunda volta na 1.ª Nacional Femenina.

Gran noite para o Victoria FC na Gala do Fútbol Feminino

A Gala estivo marcada un ano máis polo auxe do fútbol feminino galego, coa asistencia de personaxes relevantes do fútbol autonómico e representantes institucionais

O Victoria remata a primeira metada da Liga cun triunfo

O equipo santiagués amosou o seu bo estado de forma para encadear o cuarto triunfo consecutivo nun partido no que non só precisaba exhibir bó xogo senon tamén madurez e saber estar sobre o campo

O Victoria FC pecha a primeira volta en Santa Isabel

O Victoria FC pecha a primeira volta na 1.ª División Nacional Femenina recibindo en Santa Isabel (17.00 horas) ó Deportivo Abanca B.

Alba Torres: "É un partido importante para nós é temos que ir a por todas"

O Victoria FC pecha a primera volta na 1.ª Nacional Femenina este sábado (17.00 horas) recibindo en Santa Isabel ó Deportivo Abanca B co segundo posto da clasificación en xogo 

Triunfo para o Victoria FC contra o Umia

Con este triunfo, o Victoria FC mantense na cuarta posición con 23 puntos, a 2 aínda do Dépor B

O Victoria FC vai a por todas

O Umia FC é décimo na clasificación con 9 puntos (a 11 das santiaguesas) despois de 2 triunfos e 6 derrotas.

As rapazas do Victoria FC avanza na clasificación da 1ª División Nacional

O Victoria mantense cuarto na táboa de 1.ª con 20 puntos, a dous xa do terceiro, o Dépor B

Un Victoria FC mermado recibe ao colista en Santa Isabel

Undécima xornada de Liga na 1.ª División Nacional Femenina para o Victoria FC nunha fin de semana na que lle toca recibir no campo de Santa Isabel de Santiago ao colista da competición, o Atlético Arousana.

Lo más