Visitas astronómicas

O Monte Gaiás convértese este verán en observatorio de excepción do ceo nocturno coas súas tradicionais visitas astronómicas

Arredor dun milleiro de persoas achéganse cada ano a descubrir en familia a maxia das estrelas nesta actividade, organizada en colaboración co Observatorio

Volven as observacións nocturnas do ceo de Compostela dende o Gaiás

As Visitas Astronómicas volven este verán da man da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC. Durante os sábados do verán realizaranse sesións de observación astronómica –de balde aínda que con inscrición previa– dirixidas a un público familiar