A nova secretaria xeral do PSdeG en Santiago: "A miña falta de experiencia non me impide recoñecer os problemas nin atopar solucións"

A nova secretaria xeral do PSdeG en Santiago: "A miña falta de experiencia non me impide recoñecer os problemas nin atopar solucións"
A nova secretaria xeral do PSdeG en Santiago: "A miña falta de experiencia non me impide recoñecer os problemas nin atopar solucións"

Califica de "inxustificable" o rexeitamento de Antón Barba a tomar posesión da súa acta, o que deixou ao partido con tres concelleiros, e critica as relacións do Concello coa Xunta e o Goberno central

A nova secretaria xeral do PSdeG-PSOE na capital galega, Milagros Castro, nacida en Monforte de Lemos (Lugo) hai 52 anos pero residente en Compostela desde os 18, defínese como unha votante socialista "desde que naceu", aínda que recoñece que non foi ata que os socialistas perderon os comicios municipais cando se converteu en militante.Tras recabar o 98% dos votos este domingo, a cabeza da única lista que se presentou para coordinar a Executiva socialista local e concelleira da oposición no Concello valora a "capacidade de negociación entre todas as sensibilidades" acadada na formación e afronta esta nova etapa "con ilusión".

P.- Como valora o trascurso da xornada do domingo e os resultados recabados?

R.- Para min a xornada de onte foi ilusionante na que, na agrupación, estivemos rodeados de amigos socialistas. A participación non foi moi grande, pero non estivo mal porque ao haber unha lista única sempre a xente queda tranquila. Aínda así, dos que viñeron votar, un apoio do 98% paréceme máis que satisfactorio.

P.- Por que decide dar este paso?

R.- Despois de unha negociación entre todas as sensibilidades que compoñemos a agrupación de Santiago, pensamos en facer unha lista que fose equilibrada. Polo tanto, xurdiu o meu nome, a min pareceume ben e aquí estou.

P.- Como afronta esta nova etapa á fronte do PSdeG de Santiago? ¿Cales deben ser os retos do partido a nivel local?

R.- Afróntoa con moitísima ilusión, teño moitas ganas de facer cousas. Os membros do meu equipo queremos levar a bo porto aos socialistas de Compostela. No eido local, o reto é conseguir unha cohesión que neste momento xa temos e, polo tanto, debemos mantela no tempo. Houbo épocas que non foron tan boas para nós porque temos distintas sensibilidades (no partido). O que está claro é que, aos socialistas, únennos máis as cousas que temos en común que as que nos separan. Polo tanto, os nosos obxectivos son manter esta cohesión e recuperar ese pulso que sempre tivo o socialismo en Compostela. Non hai máis que mirar á cidade para darse conta de que nela os gobernos socialistas deixaron unha grande marca. Foron moitos anos e, polo tanto, non é difícil que a xente se dé conta de que o socialismo en Compostela foi moi importante.

R.- Como considera que debe encarar a formación política a ruta ata a meta final, os comicios municipais de 2019?

P.- Debemos encarala todos xuntos, unidos cun obxectivo común que é recuperar a ilusión da cidadanía e esta cidade a nivel municipal.

P.- Como valora a etapa na que se atopa o socialismo a nivel nacional e rexional?

R.- Este momento é unha nova etapa. Finalizaron os procesos orgánicos aos que o noso partido xa está acostumado. Son procesos de democracia interna nos que é inevitable que haxa algunha diferenza de pareceres pero, agora mesmo, todo isto superámolo satisfactoriamente. Este era o peche, finalizámolo en todas as cidades de Galicia e, agora mesmo, estamos no bo camiño.

P.- Volvendo ao ámbito local, gustaríame coñecer a súa percepción respecto ao paso de Francisco Reyes pola portavocía socialista no Concello.

R.- Traballando con él codo con codo, día a día, desde 2015, teño que dicir que é unha cabeza rpivilexiada no noso partido. É un home moi intelixente que nos facilita moito as cousas, tanto ao meu compañeiro Gonzalo Muíños coma a min, á hora de traballar no Concello. Polo tanto, o que temos entre os tres xa case é amizade.

P.- En relación aos compoñentes do Grupo socialista local, querería saber cales son as medidas que se tomarán para encher o posto de edil que Antón Barba deixou vacante ao non incorporarse e que deixou ao partido con só tres concelleiros.

R.- Existe un vacío legal ao que non se pode buscar solución. A calquera cidadán que conte cunha acta de concelleiro non se lle pode obrigar a rexeitala. Este compañeiro sabía que había unha incompatibilidade (co seu posto de funcionario) e aínda así quixo formar parte da lista municipal. Como existe este vacío legal, demos os pasos que se poden dar a nivel interno pero, aínda así, isto non provoca que el teña que incorporarse á forza. É certo que isto nos causou un prexuízo de cara á galería pero, internamente, co traballo propositivo que desenrolan Paco (Reyes) e Gonzalo (Muíños) comigo, non o botamos de menos. Aínda así é inxustificable que alguén adopte unha postura coma a que adoptou el. Dentro do noso Congreso hai un epígrafe que palía esta situación. O Partido Socialista advirte que, se hai unha incompatibilidade de traballo, a persoa que a teña deberá de firmar unha renuncia por escrito ao seu posto para que o compañeiro que lle siga na lista poida tomar posesión. Pasoulle a este partido pero podíalle ter pasado a outro. Hai un vacío legal e, polo tanto, non se pode facer nada.

P.- Para finalizar, que opina que lle pode aportar a súa incorporación á Executiva aos socialistas composteláns?

Para min, esta nova etapa aporta o gañar experiencia en cuestións orgánicas, algo que se me criticou nos últimos días. Pero isto non quere dicir que non saiba recoñecer os problemas nin que sabendo recoñecelos non teña a solución para os mesmos. Afronto esta etapa con moitísima ilusión. 

P.- Daquela, considera que esta inexperiencia pode supoñer unha vantaxe?

R.- Considero que a falta de experiencia non pode ser unha desvantaxe para ninguén. O argumento paréceme tan débil que quere dicir que calquera persoa que dixese algo así na súa vida non podería realizar ningunha actividade por primeira vez. O argumento cae polo seu propio peso. A miña falta de experiencia non me impide recoñecer os problemas nin atopar solucións para os mesmos. As ideas dunha persoa que non ten experiencia non teñen por que ser peores que as doutra que si a teña.

P.- E, por último, cales opina que son as principais necesidades da cidade na actualidade?

R.-As políticas sociais, que non teñen demasiado altavoz. O problema é que non chegamos á xente. A xente non sabe que ten que facer para que se lles proporcione a axuda que necesitan. Por iso, a esas persoas hai que ir a buscala. Tamén deberiamos reforzar o emprego. Ademais, as relacións institucionais coa Xunta e co Goberno central poderían ser moi mellorables independentemente de quen goberne.  


Comentarios