Máis de 200 nenos participarán o próximo vernes na I Marcha Ciclista Escolar

Máis de 200 nenos participarán o próximo vernes na I Marcha Ciclista Escolar

O obxectivo da iniciativa é que os nenos e nenas poñan en práctica o aprendido no parque infantil de tráfico de Amio

O concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, presentou a primeira edición da Marcha Ciclista Escolar, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado pola responsable de Educación Viaria da Policía Local, Diana Parente. 

A iniciativa ten por obxectivo que os nenos e nenas poñan en práctica o aprendido no parque infantil de tráfico de Amio, así como promover o uso da bicicleta como medio de transporte sostible. "O obxectivo e que os nenos aprendan a circular en bicicleta baixo as normas de seguridade viaria, ao tempo que se inician no uso deste medio de desprazamento que é respectuoso co medio ambiente", declarou Xan Duro. 

Máis de 200 alumnos e alumnas dos centros de Educación López Ferreiro, CEIP Vite, CEIP Raíña Fabiola e CEIP Pío XII participarán o próximo venres na I Marcha Ciclista Escolar, organizada polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local. 

 Ademais, a Marcha Ciclista Escolar pretende "fomentar a práctica do exercicio físico e supón unha interesante xornada de convivencia entre nenos e nenas de diferentes centros escolares", indicou Xan Duro. 

Comentarios
Lo más