The Lelli Kelly's gañadores do certame Novos Valores do Festigal 2018

The Lelli Kelly's gañadores do certame Novos Valores do Festigal 2018

O xurado valorou as reminiscencias no rock dos anos 50, 60 e 70, a orixinalidade das letras e a súa posta en escena divertida

The Lelli Kelly's é a banda gañadora da IV edición do concurso Novos Valores que abrirá os concertos do Festigal 3018 na véspera do Día de Galicia. O xurado deste certame, destinado á promoción de artistas emerxentes que fan música en galego, valorou as reminiscencias no rock dos anos 50, 60 e 70, a orixinalidade das letras e a posta en escena divertida cuns acordes que convidan a non parar bailar.

Nesta edición, que contou cunha alta participación sengundo os datos da organización, concorreron bandas de estilos moi variados, dende propostas que bebne máis da raíz da música tradicional galega atñe outras  máis rockeiras como é o caso do grupo finalmente gañador. Deste xeito, o Festigal contribúe a apoiar a difusión da música en galego que non atopa canles axeitadas.

O xurado nesta edición estivo integrado por Alberte Fernández, de Galiza Nova; Claudia Quintela, de Galzia Nova; Navia Rivas, música; Marcos Paino, músico; Tania Ameneiro, da Fundación Galiza Sempre; Iria Pinheiro, actriz e música; Xiana Arias, xornalista cultural; Teresa Cuíña, crítica cultural; e Lano Costoya, músico e baixista de Familia Caamagno. The Lelli Kelly's son Antonio Cascante García, Alberto Rodríguez Graña e Carlos de Pazos Meira.


Comentarios